O mercado semanal de Viveiro adiántase esta semana ao 31 de decembro. Será na Praza Maior no seu horario habitual

O Concello de Viveiro informa de que o mercado semanal, que habitualmente se celebra os xoves na Praza Maior, adiántase esta semana ao mércores, 31 de decembro, xa que o 1 de xaneiro, aninovo, é día festivo. 

O mercado manterá o seu emprazamento habitual na Praza Maior e desenvolverase no horario habitual.