
O Concello de A Pontenova organiza para os días 19 e 26 de marzo de 19:00 a 21:00 horas un curso online gratuíto sobre Intelixencia Artificial (IA) destinado a traballadores do sector do turismo ou do comercio.
“Impulsa o teu negocio coa Intelixencia Artificial! Traballas no sector do turismo ou o comercio? A IA xa non é o futuro, é a ferramenta clave para o presente. Únete a este curso online gratuíto e aprende a sacarlle partido de xeito práctico”, anuncia o Concello de A Pontenova.


