A terceira andaina “Burela en marcha contra o cancro” será este domingo, 22 de marzo

Este luns presentouse a terceira edición de Burela En Marcha Contra o Cancro, unha actividade lúdico-deportiva para todas as idades que se celebrará este domingo, 22 de marzo, con saída dende a Praza da Mariña ata a praia A Marosa, ida e volta, anuncia a Asociación Española Contra o Cancro, que agradece o apoio do Concello de Burela; empresas patrocinadoras, Garsán e Solán de Cabras; e empresas colaboradoras, Eroski Center, Ambulancias Burela, Sixto Eijo SL e o Cluster Galego do Deporte.

As inscricións para participar poden facerse a través da web https://enmarcha.contraelcancer.es/.../burela-en-marcha... ou de forma presencial: durante toda esta semana ata o venres 20 de marzo de 10:00 a 12:00 horas e a tarde deste mércores, 18 de marzo, de 16:30 a 18:30 horas no local da asociación en Burela, que está na Praza da Mariña 13, 2º planta, local 32.