A orquestra Acordes actuará na festas de Trabadela (Trabada) que se celebran os días 4 e 5 de abril

Esta fin de semana, sábado 4 e domingo 5 de abril, celébranse as festas de San Xosé en Trabadela, no municipio de Trabada. Contarán coa actuación da orquestra Acordes, de Lugo.

O Concello de Trabada anuncia que “Trabadela énchese de música, tradición e bo ambiente cun programa para gozar en compañía”.

O sábado desde as 13:00 horas haberá sesión vermú co grupo La Tremenda, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Acordes. E o domingo celebrarase misa solemne ás 13:00 horas e a continuación terá lugar unha sesión vermú prolongada co grupo Lume.

O recinto da festa estará cuberto con carpa.

O Concello de Trabada anuncia que segue colaborando coas comisións de festas e asociacións “para facer posibles este tipo de celebracións, que manteñen viva a nosa tradición e dinamizan o concello durante todo o ano”.