O X Torneo Marosa Cup de fútbol disputarase os días 20 e 21 de xuño

A décima edición do torneo de fútbol Marosa Cup disputarase os día 20 e 21 de xuño.

O Concello de Burela anuncia que “xa está aquí a X edición da Marosa Cup  2026. Un ano máis, o fútbol será protagonista nunha fin de semana chea de deporte, compañeirismo e ilusión no que participarán arredor de 40 equipos”.

O sábado 20 de xuño disputáranse os partidos de Fútbol 8, nas categorías de biberón, prebenxamín, benxamín e alevín. E o domingo 21 serán os de Fútbol 11 en categorías infantil e cadete.

O Concello de Burela explica que “os partidos de F8 xogaranse en campo natural e campo artificial. En F11 tamén se xogará nos campos da Candelaria e San Ciprián”.