Ribadeo acollerá o 22 de agosto a IV Festa da Ría. Haberá mexillóns, ostras, empanada e música tradicional

Ribadeo acollerá este sábado, 22 de agosto, a IV Festa da Ría, que organizan a asociación cultural Catro Caños e Mariscadores a pé O Cerredo coa colaboración da Consellería do Mar, Concello de Ribadeo, Xacobeo 2027 e Unión Europea.

A concelleira de Turismo, Marta Saiz, contou que “a partires das doce da mañá haberá degustación de mexillóns, ostras da ría e empanada na carpa instalada a carón da lonxa. Haberá tamén música tradicional en directo para amenizar a xornada”.

A edil ribadense subliñou que “será un día para poñer en valor o produto do mar e da nosa ría, así como a música tradicional e a nosa cultura. Animamos a veciños e visitantes a achegarse este sábado ata a lonxa de Ribadeo a pasar unha xornada diferente. Agradecemos á asociación Catro Caños e Mariscadoes a pé O Cerredo a súa organización e a colaboración da Consellería do Mar e do Xacobeo 2027”.

Na presentación da IV Festa da Ría, que tivo lugar na lonxa, participaron representantes de Catro Caños e do Cerredo xunto aos que estiveron o alcalde, Dani Vega, e as concelleiras de Benestar Social, Seguridade e Cultura, Elena Sierra, Montse Seijo e Begoña Sanjurjo.