
O Concello de Burela anuncia que este domingo, día 30 de agosto, celebra o Día da Bicicleta e explica que haberá un circuíto na praza da Mariña, pensado para o público infantil, e dúas rutas, unha infantil e outra para persoas adultas.
Para participar é necesario inscribirse a través do correo electrónico actividadesdeportivas@burela.org ou na Casa da Xuventude ata este venres, 28 de agosto, en horario de 9:00 a 14:00.
As rutas sairán cara á Marosa, onde “nenos e nenas darán volta e os e as maiores seguirán pasando pola Vila do Medio ou O Cantiño ata volver á praza da Mariña”, explica o Concello de Burela, que engade: “á chegada sortearanse 4 agasallos doados por Cerezo Bikes, así como e botellíns e camisetas do enduro. Ademais, haberá uns petiscos para repoñer forzas”.


