
A parroquia de Vieiro, no municipio de Viveiro, celebra as festas na honra a San Cipriano desde este venres, 18 de setembro, ata o domingo 20.
O Concello de Viviero anuncia que serán tres días de celebración con churrascada popular, misas e procesión, sesións vermú e verbenas, coa música dos dúos Venus, Belinda e Son de Festa, das orquestras Principal e Gran Parada e de DJ Juanjo.


