
Este sábado, día 24 de outubro, a Biblioteca Municipal de Alfoz acollerá dúas actividades -un obradoiro e unha representación teatral- para conmemorar o Día das Bibliotecas cunha programación “pensada para desfrutar da cultura e das historias en familia”.
O Concello de Alfoz explica que de 16:00 a 19:00 horas desenvolverase un obradoiro infantil, unha actividade dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos “para compartir unha tarde de creatividade na biblioteca”. E gratuíto e sen inscrición previa. E ás 19:00 horas haberá unha representación teatral titulada Latexos. As lendas do castro. A compañía K’Paparota Teatro presentará esta obra dirixida por Kevin Stewart destinada ao público infantil e familiar e aberta a todos os públicos.
Son actividades enmarcadas no Plan 2026 da Deputación de Lugo.


