
O segundo certame de teatro afeccionado do Concello de Barreiros, organizado pola Área de Dinamización e Participación Veciñal coa colaboración do grupo de teatro local do colectivo cultural Ollomao, seleccionará sete obras que se representarán entre os meses de xaneiro e marzo de 2027.
A mellor obra será galardoada co premio Ollomao de ouro, a segunda co Ollomao de prata e a terceira co Ollomao de bronce. Tamén serán premiados a mellor actriz principal e secundaria, o mellor actor principal e secundario e entregarase o premio especial do público á obra mellor valorada polas persoas que asistan ás funcións.
As bases do certame poden consultarse na web do Concello (www.concellodebarreiros.gal) e as obras poderán presentar a súa solicitude ata o 15 de novembro. Unha vez finalizado ese prazo, procederase á selección das obras e á composición do calendario de actuacións.
O Certame de Teatro Afeccionado do Concello de Barreiros conta coa colaboración da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.


