San Martiño (Foz) celebra as festas do seu patrón do 13 ao 15 de novembro

A parroquia focega de San Martiño celebra as festas na honra do seu patrón esta fin de semana, desde o venres 13 ata o domingo 15 de novembro

As actividades comezarán o venres ás 21:00 horas cunha cea popular. E a continuación haberá verbena co dúo Estrellas e Aaron DJ.

O sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e despois sesión vermú co grupo Caramelo, de Asturias, que tamén actuará na verbena xunto á Discomovil Conxuro

E o domingo ás 13:00 horas haberá misa solemne e procesión; e a continuación, sesión vermú prolongada con Sandra D'Cache.

Estes festexos están organizados pola asociación O Carme de San Martiño coa colaboración do Concello de Foz.