Pasada das Cabras, de Burela, realizará o 11 de novembro a última etapa do Camiño do Cantábrico entre San Román e O Vicedo.

A asociación Pasada das Cabras de Burela vai realizar o vindeiro sábado, día 11, a décima e última etapa do Camiño do Cantábrico.

Esta ruta ten unha distancia de 15 quilómetros dende a praia de San Román ata O Vicedo. A saída será ás 9:00 horas da estación de autobuses de Burela.

O prezo é de 20 euros para os socios e de 25€ para os que non o son, e inclúe autobús, comida e seguro. Para participar é imprescindible anotarse,  e pode facerse en Gráficas Arfe ou no teléfono 982 580 504, antes do xoves 9 ás 20:00 horas.

A asociación Pasada das Cabras celebrará o día 24 deste mes de novembro, a asamblea anual ordinaria que terá lugar no hotel Palacio de Cristal ás 20:30 horas en primeira convocatoria e ás 21:00 h. en segunda. Ao finalizar farán a cea-baile anual no mesmo restaurante.