O 5 de maio celébrase en Ribadeo o VII Festival Infantil de Amigos da Gaita. Será pola tarde no Teatro.

A asociación Amigos da Gaita organiza a VII edición do Festival Infantil o sábado, 5 de maio, en Ribadeo.

As actuacións, que terán lugar no Cine Teatro, darán comezo ás 17:30 horas.

Intervirán a Asociación Os D´Eiquí de Taboada, Os Gaiteiros de Adelán de Alfoz, a Asociación Xuvenil Entre Lusco e Fusco de Vilalba e os anfitrións, Amigos da Gaita de Ribadeo.

Colaboran coa asociación Amigos da Gaita Galega, o Concello de Ribadeo, Teatro Filantrópica e a Deputación de Lugo.