A asociación cultural O Pasatempo, de Mondoñedo, organiza a súa segunda cea baile do Pasatempo para o 3 de febreiro, sábado, na Finca San Antonio.
As actividades comezarán ás 21:15 horas cun aperitivo amenizado polo dúo Epo-K. Ás 22:00 horas empezará a cea e a partir das 00:30 horas haberá baile de disfraces cos dúos Epo-K e Belinda.
As entradas para asistir, que teñen un prezo de 32 euros, poden mercarse en cinco establecementos hostaleiros de Mondoñedo ata o 29 de xaneiro.