Bandullo Azul representa “Vicki e a felicidade” en Ribadeo este xoves, 24 de xullo

O Concello de Ribadeo anuncia que este xoves, día 24 de xullo, ás 20:00 horas o Campo de San Francisco será escenario do circo contemporáneo coa representación da obra Vicki e a felicidade, da compañía Bandullo Azul, dentro da programación Cultura no Camiño.

É un espectáculo teatral para todos os públicos dirixido por Marcos Orsi e interpretado por Fran Campos e Fran Ameixeiras.

Se chove a representación trasladarase ao Teatro ribadense.