A barreirense Lucía Ferro presenta a súa novela “En Brandan”, o 14 de novembro na Librería Bahía, en Foz

O martes, 14 de novembro, ás 20:30 horas terá lugar na Librería Bahía, de Foz, a presentación da novela En Brandan da escritora barreirense Lucía Ferro.

Esta é a segunda novela desta autora, que acadou un considerable éxito de público coa súa obra anterior, Resaibo amargo.

Nesta segunda novela enxerga o xénero policiaco e presenta unha trama na que a aparición dun cadáver nunha pequena cidade, desencadea unha investigación policial na que, ao final, nada é o que parece.