Barreiros terá actividades de Entroido os días 11, 12, 14 e 16 de febreiro

O Concello de Barreiros organiza actividades de Entroido para os días 11, 12, 14 e 16 de febreiro.

Este domingo, día 11, haberá festa infantil de disfraces con pintacaras, xogos e música. Será ás 17:00 horas no centro sociocultural con entrada libre.

Para o luns 12 e o mércores 14 están programadas actividades de Entroido para a cativada, de 10:00 a 13:00 horas no centro sociocultural. Para participar é Imprescindible inscrición previa no rexistro xeral do Concello de Barreiros.

O venres 16 celebrarase o desfile polas rúas de San Cosme con 1.000 euros en premios. Sairá ás 21:00 horas da Praza do Concello. Na rúa do centro de saúde haberá postos de comida e no exterior do centro sociocultural contaremos con DJ Eventec, que traerá moita festa para despois do desfile.
 
Colaboran na organización do desfile as comparsas locais Habelas Hainas e Os Macanudos.