En Alfoz haberá teatro en homenaxe a Fernández del Riego o 3 de xuño e tamén a entrega dos premios das Letras Galegas.

O salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz acollerá o sábado 3 de xuño o acto de entrega de premios do Certame das Letras Galegas da Biblioteca de Alfoz.

Ás 20:30 o grupo Trémola porá en escena a obra Unha nova galaxia. Trátase dunha recreación da vida de Francisco Fernández del Riego a quen se lle dedicou este ano o Día das Letras Galegas. Ao remate procederase á entrega dos Premios de Debuxo e Narrativa das tres categorías da fase local do Certame organizado pola Biblioteca. Os gañadores/as competirán a nivel provincial no concurso da Biblioteca Pública de Lugo.

A actividade está organizada polo Concello de Alfoz coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo.