Matrioshka Teatro presenta o 1 de maio en Viveiro a obra "Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos", en homenaxe a María Victoria Moreno.

O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle a representación da obra Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos a cargo de Matrioshka Teatro.

A función, que terá lugar 1 de maio, dará  comezo ás 19:00 horas, e inclúese no programa de dinamización lingüística FalaRedes da Xunta de Galicia.

Esta montaxe é un percorrido pola vida e obra de María Victoria Moreno Márquez, autora á que se dedica o Día das Letras Galegas deste ano, e que se describía a si mesma como “unha señora que pasea pola rúa con dous cans”.