A área recreativa Obispo Santo, de Forxán (Foz), acollerá o vindeiro 15 de agosto a II Festa do Mexillón, que conta cun 100% de produto galego.
Os asistentes poderán degustar un rico menú que inclúe mexillóns, empanada, auga ou viño, requeixo e café nunha carpa con servizo de bar. Dito menú ten un custo de 15 euros. Ademais haberá DJ, colchonetas infantís gratuítas e unha gran actuación musical.
O evento dará comezo ás 14:00 horas.
Os tíckets pódense adquirir nos establecementos membros da asociación: Bar O Candil (San Martiño), Bar Escairo (Marzán) e Mercacartuchos (Foz). Para máis información, as persoas interesadas poden chamar ao número 982 87 74 46.
A Asociación Cívico Cultural Obispo Santo conta coa colaboración do Concello de Foz, da Deputación de Lugo, da Xunta de Galicia e da Unión Europea.