O 18 de xuño terá lugar en Mondoñedo a Novena Xuntanza de Clásicos.

O vindeiro 18 de xuño terá lugar en Mondoñedo a novena xuntanza de clásicos. 

Na concentración participarán coches clásicos, motos, camións e tractores. As inscricións poden realizarse nos seguintes números de teléfono: 629 808 751 (Albino), 636 496 439 (Asun) e 605 372 045 (Angel).

Os asistentes xantarán na Finca San Antonio. Haberá sesión vermú e servirán un menú composto por pescada á galega, solomillo de porco con champiñóns, postre, café, viños, cervexa, refrescos, auga e licores. O prezo por persoa é de 35 euros. 

A 9ª Xuntanza de Clásicos está organizada pola Asociación de Clásicos Mindoniense "Miraeanda" coa colaboración do Concello de Mondoñedo.