O vindeiro mércores, 20 de marzo, celebrarase na Basílica de San Martiño en Foz, un encontro con representantes de Veszprém, en Hungría.
A xornada inaugurarase ás 17:00 horas, coa intervención do alcalde de Foz, Javier Castiñeira. Despois intervirán a Directora Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, Mª Carmen Martínez Ínsua, e o bispo da Diócese Mondoñedo-Ferrol, Luis Ángel de las Heras.
Ás 17:15 horas dará comenzo a ponencia sobre Veszprém: sacralidade, cultura e turismo, que presentarán: Balázs Karlinszky, representante do Arcebespado de Veszprém; Beáta Bérczi, directora da Oficina de Turismo de Veszprém; e Szilvia Görbicz, directora de márketing da Oficina de Turismo de Veszprém.
O encontro clausurarase, ás 18:15 horas, coa conferencia titulada San Martiño de Dumio que correrá a cargo do historiador Anselmo López Carreira.