O vindeiro sábado, 23 de novembro, na antiga praza de abastos de Burela terá lugar a Festa da Música, que organiza ACM Dambara, para renderlle homenaxe a Santa Cilla.
A partir das 13:30 horas terán lugar as actuacións da Banda CCTT Santo Inocencio de Teixeira, Pandereteiras Cordenaia, Pandereteiras S.C.R. Ledicia, Desiderio, Nela e Modesto, Acordeonistas da Mariña, Saiñas Xove, A.C. Amado Lar, Espera que vou mexar, Os do Vinteun, Batuko Tabanka, Coral Polifónica de Burela, A.C.M. Dámbara, O Xogaral, ACM Arume Burela, Sociedade Cultural Recreativa LEDICIA, O Feitizo, A Rebolaxe, Fol do Raxal, Gaiteiros Brisas del Navia e a Escola Municipal de Música de Burela.
Ademáis de moita música haberá comida ás 14:30 horas e cea ás 21:00 horas. O menú será sopa de cocido, xamón cocido, chourizos, patacas e repolo, viño do país, postres caseiros e café.