
O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, organiza un obradoiro de teatro este sábado, día 31 de maio. Será no Centro Social Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme, de 17:00 a 20:00 horas.
“Nesta ocasión trasladámolo ao Centro Social Manuel Díaz Sampedro debido ás Xornadas Etnográficas da Mariña que se celebran nas Escolas Vellas durante todo o fin de semana. Recordámosvos que podedes asistir sen ningún tipo de compromiso, probar e pasar unha tarde diferente. O teatro comunitario é moito máis ca unha obra sobre un escenario: é encontro, é memoria compartida, é a voz dun pobo que se conta a si mesmo. A través del veciños e veciñas convértense en protagonistas da súa propia historia, fortalecendo os lazos que nos unen”, explica o Colectivo Cultural Ollomao.