O Concello de Foz organiza un curso para aprender a usar os teléfonos móbiles smartphone. Será do 28 de maio ao 6 de xuño.

O Concello de Foz organiza un curso para aprender a usar os teléfonos móbiles smartphone. Será na Casa da Xuventude desde o día 28 deste mes ata o 6 de xuño de 18:00 a 19:30 horas.

A concelleira Mercedes González dá a coñecer un novo curso “para dominar os teléfonos intelixentes. Despois do éxito da pasada edición, e da demanda que había, este ano volvemos a ofertar este curso. Do 28 de maio ao 6 de xuño faremos un obradoiro no que coñecer as posibilidades que nos dan estes teléfonos: aprender o seu uso, instalar aplicacións, sacarlles partido,… E para as persoas que non teñan facilitámoslle un para que poidan aprender desde cero”.

O curso será impartido por Carmen Seco e as prazas son limitadas. A inscrición pode facerse na Casa da Xuventude ou chamando ao teléfono 982.133.037.