O Concello de Trabada organiza unha excursión para xóvenes ao complexo das minas Consuelo e Boulloso. Será o 27 de marzo.

O Concello de Trabada organiza unha excursión ao complexo histórico e recreativo das Minas Consuelo e Boulloso de Pontenova, dirixida a xóvenes empadroados/as no municipio e con idades comprendidas entre 16 e 29 anos.

A excursión será o domingo 27 de marzo e o custo da mesma 15 euros por persoa para a comida, xa que o Concello de Trabada asume os gastos de transporte e de realización das actividades.

A visita inclúe a realización da ruta dos Fornos, un percorrido de sendeirismo guiado con entrada ao nivel cero da mina Consuelo, rematando co descenso en tirolina.

Aqueles xóvenes que desexen asistir deberán reservar praza chamando ao Concello de Trabada (982 13 50 11), sendo a data límite para a reserva da mesma o día 21 de marzo ás 14:00 horas.