O Concello de Xove convoca concursos literario e de artes plásticas para celebrar o Día das Letras Galegas

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado a Luisa Villalta, a Delegación de Cultura do Concello de Xove convoca dous concursos, un literario e outro de artes plásticas, destinados a rapazas e rapaces do municipio de Xove, desde 4º de Infantil ata 4º da ESO.

Os obxectivos son apoiar o uso, a lectura e a expresión en lingua galega e estimular a creatividade dos/as máis xoves do municipio. Poderá participar no concurso calquera rapaz/a en idade escolar e empadroado/a no concello de Xove. O cartel do concurso, xunto ás bases e a ficha de inscrición poden consultarse na web do Concello de Xove: www.xove.es

Os traballos deberán presentarse xunto á folla de inscrición na Biblioteca Municipal de Xove antes do 10 de maio. O fallo do xurado darase a coñecer oportunamente para que as persoas galardoadas por cada categoría poidan acudir á entrega dos premios, que consistirán en diplomas acreditativos e lotes de material escolar.