O grupo de teatro Pico do Castro, de Foz, presenta a obra “O Randiña” en Trabada este sábado, 3 de maio

O grupo de teatro Pico do Castro de Foz presentará a obra titulada O Randiña, este sábado, día 3 de maio, ás 21:00 horas na Casa da Cultura de Trabada.

Está organizada polo Concello de Trabada, que anuncia que é “unha divertida comedia que promete moitas risas e momentos inesquecibles. Non perdas esta nova cita co teatro afeccionado da nosa contorna!”.