O grupo teatral O Centiño, de Foz, representará “O autobús” este sábado, 28 de novembro, en Alfoz

O grupo teatral O Centiño, de Foz, representará a obra titulada O autobús este sábado, 28 de novembro, ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Alfoz. É para todos os públicos e con entrada de balde.

O Concello de Alfoz anuncia: “despedimos a programación teatral deste mes cunha nova comedia para todos os públicos. Nesta ocasión o grupo O Centiño, de Foz, presenta O autobús, unha obra escrita e dirixida por Pepe Peinó que nos convida a subir a unha viaxe chea de humor, destinos cruzados e algún que outro segredo”.