Os días 8, 9 e 10 de setembro terán lugar as festas de Portocelo, en Xove, cunha ampla variedade de actuacións musicais.

Portocelo celebrará as súas Festas na honra da Nosa Señora os días 8, 9 e 10 de setembro, que organiza a asociación A Medorra coa colaboración do Concello de Xove.

As festas comezarán o venres 8 coa festa do lagostino e o churrasco ás 21 horas. Seguidamente terá lugar a festa rachada co Dúo Tropical e a orquestra Ritmo Joven.

O sábado 9 a xornada iniciarase ás 10 horas coas bombas de palenque para continuar á 13 horas coa misa solemne. Posteriormente, ás 14 horas actuará Nueva Fuerza na sesión vermú, que repetirá na noite ás 22.30 horas xunto a orquestra Charleston Big Band e a discomóvil Conxuro.

Por último, o domingo 10 iniciarase de novo coas bombas de palenque ás 10 da mañá para rematar as festas cunha sesión vermú prolongada amenizada polo Dúo Pegaso.