Os Sendeiros, de Foz, organizan unha ruta por Trabada para celebrar o Día do Sendeirista Galego o 11 de maio

A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o día 11 de maio, domingo, unha ruta no municipio de Trabada para celebrar o Día do Sendeirista Galego. A saída desde Foz será ás 08:00 horas e ás 08:15 horas desde Ferreira do Valadouro.

O prezo desta actividade, incluído o xantar, é de 25 euros para socios federados.

O prazo para anotarse remata este xoves, 1 de maio, e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo.