O próximo domingo, 8 de setembro, celebrarase a Quedada XXXVI Marcha Cicloturista, que percorrerá un total de 65 km por Viveiro, pasando por lugares emblemáticos como Sixto, Foxo e As Lobeiras, ata chegar ao Monte San Roque. A saída será ás 9:30 horas dende a Praza Pastor Díaz. A organización corre a cargo de Peña Lar Viveiro, coa colaboración dos Concellos de Viveiro e Ourol.
As inscricións están abertas a través de www.galitiming.com, cun límite de 75 participantes. O prezo para participar na ruta é de 7 euros, mentres que a ruta con comida terá un custo de 20 euros. Tamén se ofrece a opción de comida para acompañantes por 13 euros.
Para máis información, pódese visitar a web www.pclar.es, contactar a través do correo contacto@pclar.es ou chamando ao 658964119.