Ribadeo
A Banda Municipal de Música de Ribadeo estreará dúas pezas no concerto das Letras Galegas, que será este venres, 17 de maio, ás 20:30 horas no auditorio municipal Hernán Naval. A entrada é de balde ata completar o aforo.
O director da Banda ribadense, David Ballester Martínez, anuncia que “a Banda Municipal de Música de Ribadeo, despois do seu concerto de Semana Santa, segue coa súa programación e a seguinte actuación que temos e o concerto das Letras Galegas, que este ano se dedican a Luísa Villalta, unha persoa que aparte de ser escritora tamén foi violinista, co cal é para nós un concerto dobremente satisfactorio por dedicalo a unha persoa que escribiu nas letras que todo o mundo coñece e tamén comprendeu as nosas letras musicais”.
Sobre o repertorio para esta actuación, David Ballester explica que “vai ser...
leer másAs primeiras Xornadas da Cabala terán lugar en Ribadeo do 17 ao 19 de maio. Están organizadas por Acisa Ribadeo coa colaboración da OPP-7 do Porto de Burela. Na cita gastronómica participan 21 locais hostaleiros.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou que “do 17 ao 19 de maio terán lugar as primeiras Xornadas da Cabala de Burela nas que participarán 21 locais hostaleiros asociados a Acisa Ribadeo, que van ofrecer tapas e pratos preparados con este peixe capturado polos barcos do porto burelés. Grazas á colaboración da OPP-7 do Porto de Burela puidemos desde Acisa organizar estas novas xornadas. A OPP facilítanos de forma gratuíta preto de 90 quilos de cabala que imos distribuír entre os bares, mesóns e restaurantes que participan nesta nova cita gastronómica sen ningún tipo de custe para eles”.
Segundo...
leer másO coñecido actor galego Touriñán ofrecerá o seu monólogo Aquí Tou! no auditorio municipal de Ribadeo o día 1 de xuño, sábado, en dúas sesións: ás 20:00 e ás 22:30 horas. Anunciouno a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, quen destacou que “ata agora a xira deste espectáculo de Touriñán só estivo nas grandes cidades e con moito éxito. Por iso estamos encantados de recibilo en Ribadeo”.
A edil ribadense contou que “neste monólogo Touriñán fai un percorrido pola súa vida, dende a súa concepción nunha noite de San Xoán ata un posible epitafio. Momentos chave do seu camiño vital cos que, como galegos, todos nos sentimos identificados. Mesturando realidade con ficción, tenrura e picardía, anécdotas propias e cultura popular galega, Touriñán lévanos da man pola súa vida cun monólogo no que conta e representa partes da súa vida, e da serie de...
leer másO 12 de maio seguirá o Domingueo en Ribadeo, que organizan o Concello e Acisa
Este vindeiro domingo o grupo Los Mendezcatos actuará a partires das 13:00 horas nas inmediacións da Praza de Abastos para animar a hora do vermú, dos viños e das compras en Ribadeo. Este concerto foi aprazado o pasado domingo, día 5, debido ás inclemencias meteorolóxicas rexistradas esa xornada.
Ata xullo a música chegará á Avenida Rosalía de Castro, á rúa San Roque, á Praza de Abaixo e tamén á Zona Vella.
Desde o Concello e desde Acisa animan “ás veciñas e aos veciños de toda a contorna a achegarse a Ribadeo e a gozar de todas as propostas que poderán atopar todos os domingos do ano, ou en calquera outra xornada”.
La Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios y Autónomos (ACISA) de Ribadeo felicita al restaurante Marinero tras haber sido elegida su tapa como la mejor del Ribadeo de Tapeo 2024 por parte del público.
Desde la directiva de Acisa “felicitamos al restaurante Marinero por este reconocimiento que le otorga el público del Ribadeo de Tapeo. Es un premio al trabajo bien hecho”. Y recuerdan que “su Homenaxe ao Cantábrico fue una de las tapas finalistas para el jurado profesional. Recordamos que de las diez finalistas ocho fueron presentadas por locales asociados a Acisa Ribadeo”.
Acisa reitera las felicitaciones “a todos los premiados en el Ribadeo de Tapeo 2024, organizado por el Concello, en especial a nuestros asociados. Las tapas del Parador de Turismo fueron elegidas por un jurado profesional como las...
leer másO Concello de Ribadeo programa actividades para celebrar o centenario da morte do poeta ribadense-uruguaio El Viejo Pancho, que naceu un día 7 de maio e faleceu un 28 de xullo.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, anunciou que “é un programa preparado por persoas de Uruguai e Galicia, co respaldo de ambos gobernos. Este conmemoración xa comezou coa exposición 100 anos sen El Viejo Pancho, preparada polo alumnado e profesorado do obradoiro e que podemos ver na Sala do Campo. Pode ser visitada por todos aqueles que o desexen pero ademais o alumnado de Ribadeo, desde educación infantil ata secundaria, gozará cos traballos manuais, as xincanas, os percorridos pola vila, as creacións literarias e incluso vídeos de TikTok preparados para cada grupo de idade. Os centros escolares recibirán tamén unha unidade didáctica para...
leer másGuía tu día comezou este ano a facer visitas guiadas polo Monumento Natural da praia das Catedrais para poñer en valor este conxunto de arcos rochosos sito no concello de Ribadeo.
Esta actividade iniciouse o pasado mes de abril e tralo éxito volve en maio. "Unhas visitas ideais para realizar nesta época xa que o areal está máis tranquilo e aínda se pode acceder con mascotas. Están abertas a todo o mundo", comenta a guía.
Todas elas terán lugar pola mañá coincidindo co horario de baixamar e cunha duración de hora e media. O xoves 9 de maio será ás 11 horas, o venres 10 ás 11:30 horas e o sábado 11 ás 12 horas.
As persoas interesadas poden obter máis información no teléfono 654 99 68 57.
O pavillón municipal de Ribadeo, situado na Avenida de Luarca, acollerá este sábado, día 11 de maio, o segundo Randori Judo Lugo, competición que contará con 180 participantes.
Este evento deportivo está organizado por Judo Lugo, Concello de Ribadeo e Federación Galega de Judo e D.A.
O segundo Randori Judo Lugo disputarase nas categorías infantil, alevín, benxamín, prebenxamín e minis. As competicións iniciaranse as 10:15 horas.
Na presentación do evento participaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega; o xefe territorial de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo, Manuel Otero; o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent; o técnico municipal de Deportes, Iván López; e o director técnico do club Judo Lugo, Iván Carballeira.
O concelleiro de Deportes ribadense destaca que “eventos...
leer másNas instalacións de Acisa Ribadeo tivo lugar esta mañá o sorteo dos premios da campaña do día da nai. Trátase dun exclusivo colgante de prata de lei con madreperla, xentileza de Galería Terra Branca, e dunha experiencia Entre Burbullas para dúas persoas.
Segundo indicou o xerente da asociación, Jesús Pérez, “os números agraciados son o 2.734, entregado en Farmacia Álvarez Lebredo e que corresponde ao premio da experiencia Entre Burbullas, dunha noite con almorzo e acceso a spa a escoller entre 300 estancias, e o 6.113 que foi entregado en Kids&Us e que corresponde ao colgante exclusivo de prata de lei con madreperla cortesía de Galería Terra Branca”.
Pérez Prada lembrou que “tal e como indican as bases da campaña o sorteo realizouse a porta cerrada nas oficinas de Acisa na mañá de hoxe, 6 de maio, e foi...
leer más