Ribadeo
A Área de Turismo incrementa a súa oferta en visitas guiadas e este ano contará con 13 roteiros diferentes, poñendo en valor espazos que ata o de agora non estaban tan presentes, como é o caso do Forte de San Damián.
A concelleira de Turismo, Marta Saiz, explicou que “poñemos en marcha esta visita ao Forte de San Damián aproveitando a celebración do 400 aniversario da súa creación. Terá lugar todos os luns a partir do 1 de xullo. E co afán de poñer en valor o Camiño de Santiago e o Santuario de Nosa Señora das Virtudes retómanse as visitas a esta capela, que alberga un dos conxuntos de pinturas murais tardomedievais máis importantes de Galicia. Ésta poderase visitar os domingos ás 11:30 da mañá”.
A edil ribadense contou que “a estes percorridos que toman protagonismo, súmanse as xa coñecidas visitas guiadas polo...
leer másA parroquia ribadense de Ove celebra a súas festas de San Xoán os día 23 e 24 de xuño, domingo e luns.
As actividades empezarán o domingo ás 20:30 horas con sardiñada e pancetada. A partir das 22:00 horas haberá verbena coa orquestra Costa Dorada e a disco móbil Conxuro e acenderase a tradicional fogueira de San Xoán.
O luns 24 ás 13:00 horas celebrarase misa solemne seguida de procesión, acompañada polo grupo de gaitas Illa Pancha. E rematará a festa con sesión vermú amenizada pola disco móbil Conxuro.
O campus de baloncesto feminino Ribadeo Basket PRO 2024 desenvolverase do 14 ao 20 de xullo.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “está destinado a rapaza nadas no ano 2010 ou nos anteriores. O director técnico é Lucas Fernández, ex seleccionador nacional U14. E os adestradores e adestradores están vinculados a clubs como o Durán Maquinaria Ensino ou o Gernika, por poñer uns exemplos. Como convidados pasarán por Ribadeo Lino López, ex seleccionador nacional U18, ou Raquel Romo, adestradora axudante do Perfumerías Avenida. Pero desde a organización aseguran que haberá mais sorpresas durante a celebración deste campus Ribadeo Basket PRO 2024”.
O edil ribadense engadiu que “as asistentes participarán en adestramentos específicos, gozarán de traballo individualizado e de preparación física e recibirán formación sobre nutrición...
Os establecementos asociados a Acisa repartirán 160.000 rifas entre o 21 de xuño e o 14 de xullo, xornada na que terá lugar o sorteo da viaxe a Cuba no marco do Ribadeo Indiano 2024. Será tras o remate do concerto que Vicente García ofrecerá na rúa San Roque.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, manifestou: “dende Acisa quixemos poñer os máximos recursos posibles a disposición dos nosos socios e socias para contribuír a facer o mellor Ribadeo Indiano posible e deste xeito dinamizar a economía local. E por iso neste 2024 volve o sorteo dunha viaxe para dúas persoas a Cuba. Somos conscientes do éxito que tivo esta iniciativa De Ribadeo a Cuba nas edicións pasadas e consideramos que non podía faltar este ano. Será a cuarta vez que desde o Ribadeo Indiano enviemos ás Américas a unha parella no mes de setembro. Dende Acisa estamos a...
leer másPablo Rodríguez (Vivin) presentará su libro titulado “El Viejo Pancho, de Ribadeo a El Tala pasando por Navia” este viernes, 21 de junio, a las 20:00 horas en el Teatro ribadense.
La organización del evento anuncia que el acto será presentado por el periodista y especialista en temas migratorios Martín Fernández Vizoso , que es uno de los colaboradores de la publicación. Y también intervendrán Ramiro Rodríguez Bausero (Cónsul General de la República Oriental del Uruguay), Pablo Rodríguez Fernández, Vivin (autor de libro), Valentín de Torres Solanot del Pino (responsable de la empresa E2 IN2), Antonio Andina Penabad (de Eoditorial), Eduardo Gutiérrez Fernández (cronista oficial de Ribadeo), Marcelino Fernández Santiago (del Consello da Cultura), Daniel García Fernández (de la Deputación de Lugo), Ana Isabel Fernández García (alcaldesa de...
leer másO Concello acolleu a presentación do programa do IX Ribadeo Indiano. As vésperas e antevésperas arrincaron hoxe e prolongaranse ata o 6 de xullo, xornada na que terá lugar unha merenda campestre na Granxa Escola Pedro Murias e o concerto de Roi Casal. Ducias de actividades se desenvolverán do 12 ao 14 de xullo en Ribadeo e tamén na Devesa.
No acto de presentación participaron as concelleiras de Turismo e Cultura, Marta Saiz e Begoña Sanjurjo, e a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez.
A concelleira de Turismo indicou que “hoxe presentamos o programa da IX edición do Ribadeo Indiano, un evento de carácter multidisciplinar que parte do feito da emigración, e que este ano terá o pracer de contar cunha pregoeira de excepción experta neste fenómeno Pilar Cagiao, que é profesora titular de Historia de América da...
Este vindeiro domingo Dry Martini actuará a partires das 13:00 horas na Praza de Abaixo para animar a hora do vermú, dos viños e das compras en Ribadeo.
“Estamos contentos coa acollida que están a ter estes concertos por diferentes recunchos da nosa vila, porque enchen de ritmo os mediodías dos domingos”, sinalan desde a organización. O Domingueo en Ribadeo xa pasou polo porto, pola rúa San Francisco, pola Praza de Abastos, pola Avenida Rosalía de Castro e pola rúa San Roque. Este ciclo de concertos rematará a principios do vindeiro mes de xullo.
Concello e Acisa animan “á xente de toda a contorna a achegarse a Ribadeo a gozar do Domingueo e de todas as propostas que aquí poden atopar en calquera momento".
Do 14 de xuño ao 17 de agosto poderase visitar no Forte de San Damián a exposición do escultor Eduardo Rodríguez Osorio. A mostra, que será inaugurada mañá ás sete da tarde, foi presentada no salón de plenos do Concello.
Nese acto Mily Osorio anunciou que “este próximo viernes, día 14, a las 7 de la tarde, inauguramos la exposición de escultura Unha Viaxe no Tempo a través da Arte del escultor lucense Eduardo Rodríguez Osorio, en un lugar mágico como es el Fuerte e San Damián, coincidiendo con el 400 aniversario”.
A filla do escultor lugués subliñou que “es una exposición muy especial, va a ser la primera del escultor en esta villa. Tuvo un nexo, una comunión especial con Ribadeo, ya que él estuvo como profesor en el Instituto Gamallo Fierros del año 1955 al año 1963. Y en esos años modeló los retratos del Viejo...
leer másA concelleira de Turismo, Marta Saiz, explica que “nun afán de remarcar o contido cultural do evento, as antevésperas e vésperas aumentan o seu protagonismo. Desta maneira, contaremos con múltiples e diversas actividades que se repartirán durante o mes de xuño e comezos de xullo: visitas guiadas, obradoiros de repostería indiana para hostalería e familias, monicreques, teatro, etc... e algunha sorpresas máis que iremos revelando”.
A edil ribadense contou que “a primeira destas actividades terá lugar o este sábado, 15 de xuño, ás 12 horas. Trátase dun paseo guiado teatralizado a cargo de Suso Martínez, guía-actor mariñán de enorme prestixio, habitual en anteriores edicións cunha gran acollida de público. Este paseo discorrerá dende o parque de San Francisco ata o xardín dos indianos descubrindo as arquitecturas e o legado indeleble de...
leer más