Ribadeo
Este vindeiro domingo o grupo Gemtonics actuará a partires das 13:00 horas na rúa Rosalía de Castro para animar a hora do vermú, dos viños e das compras en Ribadeo.
Ata xullo a música chegará tamén á rúa San Roque o 2 de xuño, á Praza de Abaixo o 16 de xuño e tamén á Zona Vella o 7 de xullo.
Desde o Concello e desde Acisa animan “ás veciñas e aos veciños de toda a contorna a achegarse a Ribadeo e a gozar do Domingueo e de todas as propostas que poderán atopar todos os domingos do ano, ou en calquera outra xornada na nosa vila e nas nosas parroquias”.
Do 23 de maio ao 23 de xuño Acisa Ribadeo repartirá mais de 53.000 premios nunha nova edición da campaña Rasca e Gaña coa que a asociación pretende fomentar as compras no comercio local.
A presidenta da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Carmen Cruzado, subliñou que “presentamos esta campaña, que se vai desenvolver desde este xoves e ata o 23 de xuño co obxectivo de potenciar as vendas neste período do ano, tras a celebración o dia da nai e previo ás rebaixas de verán. Os premios son moi interesantes e atractivos para a clientela do comercio, da hostalería e dos servizos de Ribadeo. Saír dun bar cun vale para mercar un regalo no comercio de Ribadeo ou ir mercar a unha tenda un agasallo e saír cunha botella de viño para levar para a casa ou cunha cea está moi ben”.
Cruzado...
leer másRibadeo será escenario desde o 30 de xuño ata o 5 de xullo do campus CHL Meigas de hóckey liña, que organizan o Concello e o club de hóckey Isla Pancha. O evento foi presentado esta mañá.
O campus está destinado a rapazas e rapaces nados ata o ano 2015. Será impartido por xogadores da talla de Asier Gayoso, Andreu Tomás, Juan Escudero ou Tommy Soeder, deportistas que teñen un amplo palmarés no hóckey liña.
Os participantes gozarán de surf e praia, segundo destacan desde a organización.
No acto de presentación deste campus participaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega; o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent; o técnico municipal de Deportes, Iván López; e Marcos Cabanas, Presidente de Club de Hóckey Isla Pancha; e Alejandro Fernández, director técnico do CHL Meigas.
... leer másCon la Exposición de Escultura “Una viaxe no tempo a través da Arte”, Ribadeo rinde homenaje a uno de sus artistas más ilustres que ha llevado su nombre por todo el mundo.
La inauguración tendrá lugar el viernes 14 de junio a las 19.00 horas.La presentación correrá a cargo de Aurelia Balseiro, directora del Museo Provincial de Lugo y contará con la presencia del alcalde, Daniel Vega Pérez y la concejala de Cultura, Begoña Sanjurjo, del Concello de Ribadeo, entre otras personalidades.
Esta muestra a celebrar por vez primera en Ribadeo, y que permanecerá hasta el 17 de agosto, quiere mostrar la figura y obras del escultor Osorio realizadas de 1948 a 1994 en diferentes ciudades y pueblos como Ribadeo, Lugo, Betanzos, Ávila y Madrid.
Ribadeo fue trascendente en la trayectoria artística de...
leer másLetras no Campo, a feira do libro de Ribadeo, terá lugar do 24 ao 26 de maio no Campo de San Francisco. O poeta, creador e divulgador Quique Roxíos será o pregoeiro desta edición, pola que tamén pasarán autores como Antón Riveiro Coello ou Ledicia Costas.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, dixo que “estamos ante a décima edición da nosa feira do libro: as Letras no Campo, que vai ter lugar do 24 ao 26 de maio. Seis librarías e editoriais ocuparán as casetas situadas no Campo de San Francisco. O horario de apertura será de 11.00 a 13.30 horas e de 17.00 a 20.30 horas. Contamos desta volta con dous establecementos veciños, Pícaros Mundi e Gráficas Santiago; unha libraría de vello, a lucense Valín Libros; coa compostelá Libraría Pedreira, a editorial Canela e, como vén sendo habitual, o Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo...
leer másAcisa e o Ribadeo FC sortearon 800 euros en vales de compra para consumir nos establecementos asociados ao colectivo empresarial. O primeiro sorteo, que foi presencial, tivo lugar o pasado sábado no estadio municipal Pepe Barrera. E o segundo, non presencial, celebrouse esta mañá nas oficinas de Acisa.
O nº 180 foi o gañador dos 300 euros en vales de compra, que o pasado sábado se sortearon no estadio municipal Pepe Barrera ao remate do partido que disputaron o Ribadeo FC e o Lalín.
As mans inocentes duns pícaros foron as encargadas de remexer a urna e de sacar o número agraciado, ante a presenza do presidente do club ribadense, Pedro Posada. O premio foille entregado ao afortunado Adrián Rico pola presidenta de Acisa, Carmen Cruzado.
Acisa e o Ribadeo FC uníronse hai unhas semanas para...
leer másEsta fin de semana, venres 24 e sábado 25 de maio, celebrarase en Ribadeo a IX Reunión de Primavera da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes (SGPF) sobre "Pasado, presente e futuro do asesoramento. Homenaxe á Extensión Agraria". Será no Centro de Formación e Experimentación Agraria Pedro Murias.
A participación na reunión é de balde, pero é preciso inscribirse antes do 22 de maio, indicando día e intención de xantar ou non, chamando aos teléfonos 686.62.01.54 (Eloi) ou 628.71.32.63 (Víctor). O custe do xantar será de 20 euros.
Esta xuntanza está organizada pola SGPF e colaboran Concello de Ribadeo, Deputación de Lugo (Área de Medio Rural), Xunta de Galicia (Consellería de Medio Rural), AGACAL e CFEA Pedro Murias.
As Escolas Deportivas de Verán, que organiza o Concello de Ribadeo, ofrecen as especialidades de pesca deportiva, piragüismo, skate, surf e vela. Poderán participar as persoas nadas entre os anos 2009 e 2016.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “a escola de pesca deportiva dispón de 20 prazas e desenvolverase do 1 ao 24 de xullo de 10:00 a 14:00 horas. Para a de surf hai 18 prazas e será desde o 25 de xuño ata o 18 de xullo en horario de 16:00 a 18:00. E o 19 de xullo haberá unha xornada especial de 12:00 a 18:00 horas”.
O edil ribadense contou que “a escola de skate ten 18 prazas e ofrece 22 clases de dúas horas entre o 8 de xullo e o 6 de setembro. E a de piragüismo conta con 35 prazas para persoas nadas no ano 2015, haberá dous grupos e desenvolverase do 28 de xuño ao 20 de agosto....
leer másEl próximo 27 de mayo la empresa Hablando de Pájaros presentará sus actividades de ecoturismo en Ribadeo a las empresas asociadas a Acisa.
Será en el parque del Fuerte de San Damián a partir de las siete de la tarde. La duración de la actividad será de una hora.
Desde la directiva de Acisa explican que “esta actividad la llevamos a cabo con los amigos Guillermo y Lydia, de Hablando con Pájaros, que quieren compartir con Acisa y sus asociados y asociadas, una experiencia que consiste en dar un pequeño paseo, para ver y oír las aves de nuestro entorno y así poder identificarlas”.
Y añaden: “las personas interesadas en obtener más información pueden dirigirse a www.hablandodepajaros.es”. La actividad programada para el 27 de mayo por esta...
leer más