Ribadeo
A rúa San Francisco, de Ribadeo, acolle a celebración da Festa do Sombreiro os días 6 e 7 de outubro, venres e sábado. Está organizada por un grupo de ribadenses coa colaboración do Concello.
O venres empezan as actividades ás 18:00 horas cunha festa infantil e a partir das 21:30 haberá verbena amenizada por Nuevo Ritmo. Para as 23:00 horas está programado un concerto da cantante mexicana Betty Singh. Ás doce da noite entregaranse os premios aos mellores sombreiros e a continuación actuará Pablo Valdés e o seu trío, que interpreta versións de temas musicais dos anos 60, 70 e 80.
E o sábado haberá cantos de taberna durante todo o día pola rúa San Francisco.
Os establecementos comerciais e hostaleiros que queiran adherirse á quinta edición da moeda local de Ribadeo poderán facelo do 1 ao 10 de outubro. O Concello porá en circulación 200.000 Panchas, que se poderán empregar nos negocios desde o 15 de outubro ao 31 de decembro. A nova campaña da Pancha foi presentada esta mañá nas Catro Rúas.
O alcalde, Dani Vega, dixo que “hoxe presentamos a campaña das Panchas, a nosa moeda local. Estamos tremendamente orgullosos de volver facer esta actividade de reforzo da nosa estrutura económica local. É un compromiso por parte do Concello de apoio a todo o tecido económico da nosa vila. Son 80.000 euros de reforzo e esta é unha boa forma de activar a economía local”.
O rexedor convidou a facerse coas Panchas e a mercar con elas: “invitamos a todos os visitantes a comprar as...
leer másO Concello prepara unha homenaxe a El Viejo Pancho, que terá lugar en xullo de 2024, coincidindo co centenario do seu pasamento. Coa cita colaborarán o Goberno uruguaio e tamén o consulado. No Pazo de Ibáñez o alcalde, Dani Vega, e as concelleiras de Cultura e Benestar Social, Begoña Sanjurjo e Elena Sierra, recibiron a Ramiro Rodríguez, o cónsul de Uruguai en Galicia co que abordaron esta cuestión.
O alcalde, Dani Vega, deulles á benvida ao cónsul e ao seu equipo: “nos alegramos de acoger al cónsul de Uruguay, Ramiro Rodríguez, lo recibimos con las manos abiertas, que sienta el abrazo profundo del pueblo de Ribadeo. Esa relación que tenemos con Uruguay y con todo Latinoamérica es profunda. Este pueblo es distinto en la arquitectura, no es típico en Lugo ver estas construcciones indianas y seguramente cuando llegasteis a Ribadeo...
leer másCamiño Escena Norte, o proxecto de intercambio cultural a través das artes escénicas no que participan compañías teatro, danza e novo circo de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra, chega esta fin de semana a Melide e Ribadeo cunha dobre función do espectáculo Lear en las catedrales, unha peza de Ábrego Producciones. Ao finalizar as dúas representacións, os membros da compañía cántabra participarán nun encontro co público asistente.
A montaxe de Lear en las catedrales está atravesada polo poema Lear en el claustro, de José Hierro, e reflicte a decadencia dun rei despoxado de todo e que implora ser amado pola súa filla Cordelia. A obra avanza armando o crebacabezas dunha memoria que tende a esvaecerse no esquecemento, engadindo capas, unhas feitas de realidade e vivencias da actriz e outras feitas de ficción, a das personaxes...
leer másOs días 23 e 24 de setembro terá lugar a primeira edición de Baños de Mar, que organiza o Concello de Ribadeo. Haberá charla, visita guiada, xantar campestre e moitas outras actividades, que foron presentadas pola edil de Turismo, Marta Saiz.
A concelleira ribadense dixo que “dentro das actividades de SetembroXNatural presentamos a vindeira fin de semana a primeira edición de Baños de Mar Canouras pioneiras do turismo. O mar como fonte de saúde e de vida, como xerador recursos, como fío da nosa historia e como orixe da nosa riqueza”.
Saiz contou que “as actividades desenvolveranse durante toda a fin de semana. O sábado, 23 de setembro, ás 11:30 horas na Casa da Cultura terá lugar unha conferencia a cargo de Rafa Quintía, que falará sobre hidroterapia, talasoterapia e o culto asociado ás augas na cultura galega....
leer másAs nenas e os nenos serán os protagonistas o 24 de setembro do Mercado dos Domingos. Esa xornada haberá xincana e música na contorna da Praza de Abastos.
A concelleira de Comercio, Marta Saiz, declarou que “desde o Concello de Ribadeo seguimos presentando esa intensa axendiña para dinamizar e por en valor o Mercado dos Domingos, un mercado de calidade onde os produtores achegan os seus produtos directamente ao consumidor final. Trátase dun mercado moi diversificado, onde reina o produto da horta, pero onde tamén podemos atopar pan, queixo, embutidos, zumes, ostras, doces e ata cervexas artesas”.
A edil ribadense contou que “o vindeiro domingo, 24 de setembro, os pícaros e as pícaras ocuparán o mercado. A programación inclúe unha xincana Alimentos da nosa terra, a cargo de Eo Alimenta. E tamén teremos un concerto...
leer másO Sindicato Labrego Galego organiza un curso de transformación e conservación de produtos agrarios en no municipio de Ribadeo os días 2, 4, 6, 9 e 11 de outubro de 16:00 a 20:00 horas. Será en As Anzas 75 (Covelas).
Esta actividade está dirixida a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas.
Para máis información e inscricións as persoas interesadas deben contactar a través do teléfono 698.159.667 ou do correo electrónico lourenza@sindicatolabrego.gal.
O prazo para apuntarse remata o 28 de setembro.
Ribadeo estrea unha sala de cross na piscina municipal. Conta cunha superficie de 140 metros cadrados e está destinada a adestramentos de alta intensidade. O investimento realizado por BeOne ascende a máis de 216.000 euros.
O alcalde, Dani Vega, subliñou que “Ribadeo mellora as instalacións da piscina municipal. Vai contar cunha nova sala de cross de 140 metros cadrados para adestramentos de alta intensidade. Iso o que demostra é que a colaboración coa empresa que está a xestionar a piscina municipal é total e absoluta. Quero agradecer o seu traballo, a súa dedicación e a súa profesionalidade”.
Para o rexedor “investir en deporte é investir en saúde e desde o Concello valoramos positivamente a inversión que fai esta empresa de máis de 216.000 euros neses 140 metros cadrados que van estar dedicados ó deporte”....
leer más












