Empresas
Nas instalacións de Acisa Ribadeo tivo lugar esta mañá o sorteo dos premios da campaña do día da nai. Trátase dun exclusivo colgante de prata de lei con madreperla, xentileza de Galería Terra Branca, e dunha experiencia Entre Burbullas para dúas persoas.
Segundo indicou o xerente da asociación, Jesús Pérez, “os números agraciados son o 2.734, entregado en Farmacia Álvarez Lebredo e que corresponde ao premio da experiencia Entre Burbullas, dunha noite con almorzo e acceso a spa a escoller entre 300 estancias, e o 6.113 que foi entregado en Kids&Us e que corresponde ao colgante exclusivo de prata de lei con madreperla cortesía de Galería Terra Branca”.
Pérez Prada lembrou que “tal e como indican as bases da campaña o sorteo realizouse a porta cerrada nas oficinas de Acisa na mañá de hoxe, 6 de maio, e foi...
leer másAciaFozCCA colaborará por sétimo ano consecutivo coa delegación local da Asociación Española Contra o Cancro a través da campaña Euro Solidario, que se desenvolverá do 3 ao 17 de maio. Na presentación desta iniciativa participaron Pilar García, representante da AECC en Foz; o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo; e o alcalde, Fran Cajoto.
Nos establecementos participantes haberá huchas destinadas a recoller os donativos para esta campaña, denominada Súmate a loita contra o cancro. Euro solidario.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, manifestou: “un ano máis queremos colaborar coa delegación local da Asociación Española Contra o Cancro porque toda axuda é importante. Animo á clientela dos negocios focenses a sumarse a esta campaña, que tivo unha boa acollida nas edicións anteriores e agardamos que...
leer másA Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo celebrará o dia da nai sorteando unha experiencia para dúas persoas denominada Entre burbujas e unha xoia exclusiva de Galería Terra Branca. A campaña denomínase Á miña nai mímoa eu.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou que “a campaña desenvolverase entre hoxe, 25 de abril, e o 5 de maio. Aquelas persoas que fagan as súas compras nos comercios asociados a Acisa recibirán papeletas para participar no sorteo dos dous premios que poñemos en xogo: unha experiencia para dúas persoas denominada Entre burbujas a escoller entre 300 estancias e unha xoia exclusiva de Galería Terra Branca. Trátase dun colgante de prata de lei con madreperla”.
O xerente da asociación, Jesús Pérez, indicou que “son 8.000 as rifas que poñemos en circulación...
leer másTodas aquelas persoas que realicen as súas compras nos comercios asociados entre o 26 de abril e o 5 de maio entrarán no sorteo de 5 premios de 200 euros en vales de compra cada un. O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explica que “poderán participar no sorteo as persoas cuxas compras sexan por importe superior aos 10 euros”.
O sorteo terá lugar o 8 de maio en directo a través da emisora local Radio Foz.
Paleo anima “a realizar as compras desta tradicional data no comercio local, no que temos a carón da casa. En Foz podemos atopar todo o que precisamos para agasallar ás mamás polo seu día. Un total de 72 comercios participan na campaña do día da nai de AciaFozCCA”.
José Carlos Paleo lembra que “a clientela pode aproveitar a ocasión para facer uso dos Bonos Activa Comercio da...
leer másA Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro puxo en marcha dende este luns, 22 de abril, a Campaña do Dia da Nai co sorteo dunha “Experiencia Relax para Mamá”.
“Nesta ocasión apostamos por seguir premiando a fidelidade dos nosos clientes con algo especial para celebrar nesta data e sortearemos 5 Bonos Relax no Thalasso las Sirenas, para que mamá desfrute dunha experiencia relaxante. As gañadoras poderán escoller entre distintas técnicas ou programas termais, programas especiais, rituais en bañeiras de hidromasaxe, etcétera, moitas opcións dentro dunha ampla carta de programas e tratamentos. O xeito de participar é moi sinxelo: só hai que descargar a App ViveiroCCH, onde está habilitada a campaña, e subir os tickets de compra de calquera dos negocios asociados do 22 de abril ó 5 de maio de 2024 (ambos incluídos)”, explica o...
leer másA patronal ofrece asesoramento e apoio aos negocios que o precisen e tamén aos clientes.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou que “esta é unha importante actividade da que os nosos negocios poden beneficiarse, por iso os animamos a que se adhiran a unha campaña, que o que persegue é a dinamización do comercio local. Nesta campaña da Xunta de Galicia póñense a disposición bonos de 30 euros, que se reparten en descontos de 5, 10 ou 15 euros dependendo do importe de cada compra”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “tal e como vimos facendo sempre dende Acisa, con motivo desta nova edición do Bono Activa Comercio, actuamos como entidade colaboradora e polo tanto prestamos apoio e asesoramento tanto a empresas como a particulares nos procesos de adhesión dos negocios, na descarga e tamén no uso dos...
leer másAciaFozCCA sorteou hoxe 1.000 euros en vales de compra na súa campaña do día do pai, que tivo lugar do 8 ao 19 de marzo.
Os números premiados con 200 euros en vales de compra cada un foron os seguintes:
-7.658 que foi entregado en Electrodomésticos Celso. Tien 21.
-433 entregado en Ginzo Mujer
-18.799 que foi entregado en Suministros Veipa
-14.543 entregado en Xoiería Iria Rodríguez
-10.598 entregado Ofifoz
As persoas premiadas deberán contactar con AciaFozCCA no seguinte número de teléfono: 982 132 751.
O sorteo da campaña do día do pai celebrouse esta mañá en Radio Foz. Foi conducido por David Val e contou coa participación da concelleira de Comercio de Foz, Kathy Navarro, e da xerente de AciaFozCCA, Ana Segade.
AciaFozCCA...
leer másAcisa Ribadeo sorteou esta mañá os premios da campaña do día do pai. Trátase dunha experiencia de condución Siente el asfalto e dun reloxo Time Force. Ambos premios están valorados en 500 euros.
Segundo indicou o xerente da asociación, Jesús Pérez, “na maña de hoxe vimos de realizar o sorteo non presencial nas nosas oficinas dos premios da campaña O mellor para Papa, con motivo da celebración do día do pai. Os números agraciados son o 1.070, entregado en A Flote e que corresponde ao premio da experiencia de condución doada por Viaxes Eroski; e o 6.552 que foi entregado en R23 e que corresponde ao reloxo Time Force doado por Xoiería Azabache”.
Pérez Prada dixo que “tal e como indican as bases da campaña o sorteo realizouse a porta cerrada nas oficinas de Acisa na mañá de hoxe, 20 de marzo, e foi retransmitido en...
leer másDesde a asociación explican que “nesta ocasión apostamos por seguir premiando a fidelidade dos nosos clientes con algo especial para celebrar nesta data, e sortearemos unha viaxe para que poida desfrutar papá con toda a familia. O gañador poderá escoller as datas e o destino entre milleiros de posibilidades (Cabárceno, Parque Warner, etc) para pasalo en grande!”.
Desde o CCH de Viveiro sinalan que “o xeito de participar é moi sinxelo, só hai que descargar a App ViveiroCCH onde está habilitada a campaña, e subir os tíckets de compra de calquera dos negocios asociados do 13 ó 19 de marzo de 2024 (ambos incluídos). Non hai importe mínimo para poder participar e o sorteo será o 20 de marzo de 2024 ás 16:00 horas a través da propia APP. Gravarase o sistema de sorteo para difundilo posteriormente en RRSS e tamén avisaremos directamente ó gañador...
leer másO mellor para papá é a nova campaña da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo para celebrar o dia do pai neste 2024.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou que “a campaña desenvolverase entre o 8 e o 19 de marzo. Aquelas persoas que fagan as súas compras nos comercios asociados a Acisa neses días recibirán papeletas para participar no sorteo deses dous premios que poñemos en xogo”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “nesta campaña do día do pai desde Acisa Ribadeo sortearemos dous novidosos premios. Trátase dunha experiencia denominada Siente el asfalto, de condución dun coche de alta gama nun circuíto de carreiras, a escoller entre 3.700 opcións, doada por Viaxes Eroski e valorada en mais de 100 euros. E en segundo lugar, sorteamos un reloxo...
leer más