Empresas

Etiquetas:
21/12/2024

A campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro en colaboración ca área de Comercio do Concello de Viveiro, continúa nestes días cunha morea de actividades, concursos e sorteos. 

Á decoración dos negocios con guirnaldas navideñas e árbores de luces leds sumamos nestes días máis actividades. 

Desde o CCH explican que “ata o 7 de xaneiro sigue en marcha un concurso de Selfies na árbore de Nadal ubicada na Praza Maior con premios e sorpresas para as fotos máis divertidas. Participar é moi sinxelo, só hai que subir a foto ás redes sociais e etiquetar a @viveirocentro. A Casiña de Papá Noel, instalada nos Xardín Noriega Varela está funcionando en horario de 17:00 ata as 20:00 da tarde do 21 ó 23 de decembro e o dia 24 o horario será de 16 a 19h. Os negocios asociados ó CCHV están a repartir 8.000 cartas...

leer más
Etiquetas:
17/12/2024

Os actos desenvolveranse na praza Conde Fontao entre as cinco e as oito da tarde. Ás 17:30 horas haberá unha actuación infantil; ás 18:00 horas será o sorteo dunha tarxeta prepago de 500 euros; para as 18:30 horas está prevista unha chocolatada; ás 19:00 horas terá lugar o sorteo dunha tarxeta prepago de 1.000 euros; ás 20:00 horas serán as intervencións do presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, do presidente da Federación Galega de Comercio e da Federación de Comercio de Lugo, José Mª Seijas, e do alcalde de Foz, Fran Cajoto; e a continuación terá lugar o sorteo, polo sistema de bingo, dunha tarxeta prepago de 3.000 euros. 

A campaña Regala en Nadal, Merca en Local é unha iniciativa de promoción do comercio, que ten como obxectivo principal dinamizar as compras na época máis relevante do ano para a actividade comercial, como é o...

leer más
Etiquetas:
11/12/2024

AciaFozCCA sortea 6.000 euros en premios ao longo deste Nadal. O 8 de xaneiro dez desexos faranse realidade. 

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explica que “son tres as campañas que estamos a desenvolver e nas que estamos a participar. O primeiro sorteo de 4.500 euros en premios terá lugar o 18 de decembro na praza Conde Fontao, entre as cinco e as oito. Alí agárdanos unha tarde chea de sorpresas e actividades. Ás cinco e media haberá unha actuación infantil, ás 18:00 horas terá lugar o sorteo de 500 euros, para as 18:30 horas está prevista unha chocolatada, ás 19:00 horas teremos o sorteo de 1.000 euros e ás 20:00 horas cun bingo será o sorteo de 3.000 euros. É unha forma excelente de iniciar o Nadal en Foz”.

Paleo contou que “hai outros 500 euros en xogo, que serán para as persoas que atopen as sete...

leer más
Etiquetas:
11/12/2024

Acisa Ribadeo lanza unha nova campaña de captación de socios, tras a súa recente remodelación, que se prolongará ao longo das vindeiras semanas. O colectivo empresarial sumou nove novos asociad@s no último ano e conta con preto de 170 negocios adheridos. 

Desde Acisa a súa presidenta, Carmen Cruzado, dixo: “gustaríame en nome da nosa directiva  e xerencia darlles a todas e todos os novos socios publicamente a benvida á nosa asociación (By Hortensia, Mariscos Ribadeo, The Fisherman, Barallocas, Arrancadeira, Copacabana, O Lar de Carmiña, Pertejo e Multitienda Teresa) e aproveito tamén para animar aos negocios de Ribadeo: comerciantes, hostaleiros, industriais, servizos e autónomos,  hoteis, etc, a que nos chamen para que os visitemos ou para que se acheguen ás nosas instalacións e lles expliquemos cara a cara todas as vantaxes que supón...

leer más
Etiquetas:
09/12/2024

Ribadeo acolle ata o día 5 de xaneiro, domingo, un Rastrillo de Nadal da Asociación Española Contra o Cancro.

Está na Rúa Viejo Pancho, número 4, baixo, e o horario anúnciase na porta do local.

Etiquetas:
04/12/2024

Acisa Ribadeo repartirá 2.000 vasos entre os establecementos de ocio nocturno asociados para estas datas de Nadal, nas que estes locais poderán abrir dúas horas máis. 

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou que “Acisa está a poñer todos os seus esforzos na campaña de Nadal, unha cita na que nos implicamos de xeito especial, xa que se trata dunhas datas de gran afluencia en Ribadeo, que cada ano se fai máis importante para o comercio e a hostalería ribadense, e que xera unha actividade económica inigualable. Todos os negocios están xa preparados para o comezo do Nadal, que se podería dicir que foi inaugurado a fin de semana pasada e que comezará de xeito efectivo dende esta ponte festiva. A hostalería está disposta para atender da mellor forma posible aos milleiros de persoas se achegarán á nosa vila. Por iso cada ano, desde Acisa...

leer más
Etiquetas:
04/12/2024

A Deputación de Lugo e a Federación Galega de Comercio poñen en marcha a campaña Regala en Nadal, Merca en Local, unha iniciativa para fortalecer o comercio de proximidade, fomentar o consumo responsable e impulsar a economía local durante unha das tempadas festivas máis importante en vendas do ano. O Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera, e o Presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, presentaron este mércores no Pazo de San Marcos a iniciativa, á que a institución provincial achega 50.000 euros.

PabloRivera destacou durante a presentación que esta campaña enmárcase no compromiso da Deputación de apoiar accións “que fortalecen o tecido comercial da provincia, buscando dinamizar as vilas, impulsar o consumo responsable e premiar a fidelidade dos consumidores que apostan polo local”. Nese...

leer más
Etiquetas:
02/12/2024

A XIV Festa do Comercio, que organiza Acisa, terá lugar o 11 de xaneiro nas carpas situadas na Avenida Rosalía de Castro ás 20:30 horas. Trátase dunha edición moi especial coa que culminará o ano no que a asociación conmemorou o seu trinta e cinco aniversario. 

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, dixo que “con esta campaña queremos poñer o broche de ouro á conmemoración do 35 aniversario de Acisa Ribadeo que celebramos neste 2024. De aí que pensásemos en mandar a unha parella a Mallorca a pasar uns días, porque unha das primeiras directivas que tivo Acisa nos seus inicios xa sorteara unha viaxe a esa illa. E fíxonos ilusión repetir esa experiencia para pechar este ano tan especial para a nosa asociación”. 

Cruzado Iglesias explicou que “hoxe presentamos a campaña da XIV Festa do Comercio, que se desenvolverá...

leer más
27/11/2024

O Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na sía cidade. Pon en marcha este venres 29 e o sábado 30 de novembro a campaña “Black Friday, os mellores Descontos Mercando no comercio Local”, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos. 

Desde o CCH explican que “serán 37 negocios facendo super descontos e promocións, participan tanto comercios como servizos, hai dende tendas de roupa, calzado, complementos, deportes, moda de nenos, lencerías, mercerías, ópticas, mobles e decoración, xoierías, cerámica, salóns de peiteado, tratamentos de beleza e ata promocións doces como descontos nas larpeiras. Un amplo abanico de negocios e sectores que fan que esta campaña sexa moi atractiva para mercar no comercio local”. 

E subliñan que “é...

leer más
26/11/2024

Corenta  establecementos comerciais asociados a Acisa Ribadeo ofrecerán interesantes promocións e descontos durante o Black Friday os días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, comentou que “durante tres días a veciñanza de Ribadeo e as persoas que se acheguen á nosa vila poderán atopar importantes descontos en moitos sectores: informática, telefonía, decoración, moda home, moda muller, moda infantil, calzado, mercerías e lencerías, tallas grandes, xoiaría, bebés, complementos, ópticas ou agasallos, entre outros. Como facemos sempre queremos aproveitar para recordar a importancia que ten mercar en Ribadeo, onde atoparemos un trato próximo e personalizado e onde podemos ver e tocar os produtos. No comercio de Ribadeo sempre haberá unha cara amable á que poder acudir”.

O xerente...

leer más