Empresas
A novidade deste ano é o cambio de ubicación, que pasa a ser na Sala Multiusos do Concello, na Praza Maior. Un emprazamento céntrico e accesible. Serán un total de 8 expositores dedicados á venda de moda de muller, nenos, xuvenil, complementos, calzado, xoiería e bixutería. Os comercios participantes na feira son: Versus, Complementos Sulian, Cocolatte, Oscar Joyeros, F&M, Cobelinha, Van Surf e Van Surf Sneakers..
Unha ampla variedade de artigos que serán postos á venda a uns prezos moi reducidos, onde os clientes poderán mercar verdadeiras gangas, unha oportunidade estupenda de mercar artigos de primeira calidade a uns prezos inmellorables.
O xoves 8 ás 18:00 horas terá lugar a inauguración da Feira que estará aberta ata as 21:30 horas. O horario do venres 9 e sábado 10 será de 11 a 14 horas e de 18 a 21:30...
leer másLa vecina de Ribadeo Lydia Álvarez, de la agencia Antiques Real Estate, acaba de integrarse en la Asociación Española de Personal Shopper Inmobiliario (AEPSI), para ejercer esta labor en la Mariña lucense y el Occidente de Asturias fundamentalmente.
Lydia Álvarez explica que un personal shopper inmobiliario “es un servicio personalizado de búsqueda de inmuebles para que el cliente pueda seguir centrado en su día a día. Es un profesional que representa y acompaña al comprador en la adquisición de cualquier activo inmobiliario. El servicio va dirigido a encontrar la propiedad que el cliente nos demande y que sea adecuada para sus necesidades, así como de su presupuesto. Utilizando nuestros conocimientos del sector conseguiremos una combinación entre precio, ubicación, características y condiciones de compra. En resumen, analizamos...
leer másA Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo colabora coa segunda edición do Vendaval Fest, que se celebra na vila esta vindeira fin de semana.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “mais de 15 establecementos asociados a Acisa ofrecen descontos especiais os días 26, 27 e 28 de xullo aos asistentes á segunda edición do Vendaval fest. Esta é unha nova actividade da nosa asociación en colaboración cos organizadores deste festival. Participan comercios, locais de hostalaría, hoteis... con descontos que van dende o 5% ao 30 % a maiores do prezo de rebaixas nos comercios participantes, 2x1 en pizzas, prezos especiais en consumicións como cañas ou copas, descontos en comidas ou combos especiais de comida e bebida, son so algúns exemplos”.
O xerente do colectivo empresarial...
leer másTodo está listo en Foz para a celebración dunha nova edición do Comercio na Rúa do 24 ao 27 de xullo
Trinta e cinco negocios participarán os días 24, 26 e 27 de xullo na nova edición do Comercio na Rúa, que organiza AciaFozCCA. A campaña foi presentada hoxe polo presidencia do colectivo empresarial, José Carlos Paleo, o alcalde focego, Fran Cajoto, e a concelleira de Comercio, Kathy Navarro.
Durante esas xornadas Fóra Stocks os establecementos comerciais participantes sacarán os seus artigos á rúa e ofrecerán descontos especiais.
Nesta nova edición do Comercio na Rúa daranse cita 35 negocios, que son: 5 Lobiños, Alain Afflelou Foz, Antigüedades Álvarez, Arrullos, Briz Peluquería y Estética, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hedra, Hola Ola, Isla, Joyería Iria Rodríguez, Koquetas, La Flor Abulense-2, Lencería Esther, Librería A...
leer másAciaFozCCA organiza unha nova edición do Comercio na Rúa, que se celebrará os días 24, 26 e 27 de xullo.
Durante esas xornadas Fóra Stocks os establecementos comerciais participantes sacarán os seus artigos á rúa e ofrecerán descontos especiais.
Nesta nova edición do Comercio na Rúa daranse cita 35 negocios, que son: 5 Lobiños, Alain Afflelou Foz, Antigüedades Álvarez, Arrullos, Briz Peluquería y Estética, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hedra, Hola Ola, Isla, Joyería Iria Rodríguez, Koquetas, La Flor Abulense-2, Lencería Esther, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Living Sport, Longarela, Lourdes Moda Íntima, Mercería Vera, Mi Casa, Midair Fashion Kids, OfiFoz, Sensación Surf, Thecé, Unique-2, Vas´s, Vas´s Oulet e Xoguetería...
leer másDeron comezo as rebaixas de verán no Centro Comercial Aberto coas mellores vistas e coa mirada posta na viaxe a Cuba para dúas persoas que se sorteará o vindeiro 14 de xullo no marco do Ribadeo Indiano.
O xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Jesús Pérez, manifestou que “aínda que ata o dia 1 de xullo non se dan por inauguradas oficialmente as rebaixas, visto que moitas marcas nacionais adiantaron unha semana esta cita, dende Acisa quixemos dar comezo un pouco antes a este período de descontos comerciais. Por iso dende hai uns días demos por inauguradas oficialmente as rebaixas en Ribadeo, moitos comercios xa as adiantaron, e outros estano a facer nesta fin de semana. Durante xullo e agosto centos de negocios terán grandes descontos e múltiples artigos de tempada a prezos moi interesantes, polo que...
leer másDesde AciaFozCCA o seu presidente, José Carlos Paleo, anima a achegarse a Foz ao longo desta fin de semana: “aquí a clientela do noso comercio atopará a mellor moda e os mellores artigos, agora de rebaixas, cuns descontos moi interesantes”.
Para Paleo “este é o mellor momento para mercar produtos da tempada de verán xa de rebaixas, rematando o mes de xuño”.
E engadiu que “desde AciaFozCCA con esta campaña e coas outras que organizamos ao longo de todo o ano o que estamos é apostando sempre polo comercio local, polo que temos a carón das nosas casas, que é o que fai pobo”.
José Carlos Paleo agarda que “esta sexa unha boa campaña para os negocios locais, despois da primavera tan inestable que tivemos, sobre todo en maio e xuño”.
Esta fin de semana o Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na súa cidade e pon en marcha este venres 31 de maio e o sábado 1 de xuño a campaña Shopping Weekend, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos.
Desde o CCH sinalan que “esta campaña sempre é un éxito de afluencia de xente a mercar no comercio local, porque os descontos son moi atractivos e poden aproveitar para mercar artigos para a temporada de verán agora que xa nos empeza a acompañar o bo tempo. Os locais participantes estarán identificados cós distintivos da campaña, banderolas de color fucsia de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas dos comercios, indicando o desconto do 20%, así como vinilos da mesma cor pegados nos escaparates. Deste xeito para o cliente é moi sinxelo...
leer másDo 23 de maio ao 23 de xuño Acisa Ribadeo repartirá mais de 53.000 premios nunha nova edición da campaña Rasca e Gaña coa que a asociación pretende fomentar as compras no comercio local.
A presidenta da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Carmen Cruzado, subliñou que “presentamos esta campaña, que se vai desenvolver desde este xoves e ata o 23 de xuño co obxectivo de potenciar as vendas neste período do ano, tras a celebración o dia da nai e previo ás rebaixas de verán. Os premios son moi interesantes e atractivos para a clientela do comercio, da hostalería e dos servizos de Ribadeo. Saír dun bar cun vale para mercar un regalo no comercio de Ribadeo ou ir mercar a unha tenda un agasallo e saír cunha botella de viño para levar para a casa ou cunha cea está moi ben”.
Cruzado...
leer másHoxe, xoves, foron sorteados os premios da campaña do Día da Nai de AciaFozCCA.
As persoas premiadas con 200 euros en vales de compra cada unha foron:
Alonso Fernández, por una compra realizada en Librería Bahía.
Rafael Pedrosa, en Briz.
Nuria Carreño, en Pastelería Anduriña.
Yanira Díaz, en Clínica Maas Saúde.
María Esther Merino, en Salai Campo.
O sorteo, que tivo lugar en Radio Foz, esta mañá foi conducido por David Val e contou coa presenza da concelleira de Comerio, Kathy Navarro; e da xerente de AciaFozCCA, Ana Segade.
Na campaña do Día da Nai participaron 72 comercios. AciaFozCCA contou coa colaboración do Concello de Foz e da Xunta de Galicia.