Industria

Etiquetas:
28/04/2026

Todo está preparado en Ribadeo para a celebración do Foro Industria, Emprego e Innovación, que se celebrará este xoves, día 30 de abril, no CFPA Pedro Murias.

O alcalde, Dani Vega, anuncia: “está todo preparado para acoller o Foro Conecta Ribadeo, un foro que quere falar de industria, de emprego, de innovación e desde logo desde o Concello traballamos para que se sigan asentando empresas na nosa localidade, que sigan emprendendo, que sigan abrindo negocios, empresas, en definitiva, que Ribadeo siga avanzando como un polo de emprego, autoemprego, de industria e tamén de innovación”.

O rexedor comentou tamén: “aparte de tomar decisións para loitar para que veñan empresas para Ribadeo, tamén queremos que estes foros sexan imáns para atraer empresas para falar de futuro. A industria é clave na nosa comarca, tamén no...

leer más
Etiquetas:
21/04/2026

A Xunta de Galicia e a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) convocan en Ribadeo a xornada titulada Industria, emprego e innovación, un encontro para que empresas e administracións de Galicia e Asturias intercambien experiencias ante os retos similares que afronta este territorio. O delegado territorial, Javier Arias, participou este martes na presentación da cita, que terá lugar no centro de formación e experimentación agraria Pedro Murias, de Vilaframil, o 30 de abril, xoves, no marco do programa Conecta Lugo.

A Xunta explica que a xornada “estrutúrase en tres mesas redondas para expoñer as vertentes institucional, técnica e empresarial. Así, na primeira participarán os conselleiros responsables das áreas de medio rural e de industria nas dúas comunidades, María José Gómez e María Jesús Lorenzana por Galicia, e Marcelino...

leer más
Etiquetas:
26/05/2021

Continuando coas actividades non presenciais Mariña Patrimonio programa para mañá, 27 de maio, ás 19.00 horas a conferencia “Dous séculos de industria na Mariña: de Sargadelos a Alcoa”, que será impartida  polo profesor Xoán Carmona Badía e na que  falará das orixes e a evolución da industria na Mariña, enfocando o tema sobre todo nos dous grandes proxectos desenvolvidos na bisbarra (Sargadelos e Alcoa), as razóns e as características que se deron para a implantación de ambos proxectos que, coas súas diferenzas e peculiaridades, tiveron gran repercusión. 

A conferencia será difundida na páxina de Facebook de Mariña Patrimonio: https://es-es.facebook.com/pg/marinhapatrimonio/events/?ref=page_internal , no apartado de eventos de acceso libre. A...

leer más