Etnográficas

23/09/2026

O deputado provincial Daniel García participou na presentación das IV Xornadas Etnográficas da Mariña, que se celebran esta fin de semana, 26 e 27 de setembro, en Ourol e que contan co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

As xornadas, organizadas pola Asociación Tecedeira co apoio da área de Mocidade da Vicepresidencia da Deputación e, nesta edición, coa colaboración Concello de Ourol e da Asociación Aturuxeiros, “converterán Ourol en punto de encontro da cultural tradicional galega, cunha programación de dous días que inclúe concertos, foliada, mostras etnográficas, obradoiros e diferentes propostas participativas enfocadas na transmisión e divulgación do patrimonio cultural e etnográfico galego, e especialmente da comarca da Mariña”, anuncia a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Daniel García...

leer más
23/05/2025

A asociación Tecedeira vén de presentar o programa completo das III Xornadas Etnográficas da Mariña (XEAM), que se desenvolverán en Barreiros do 30 de maio ao 1 de xuño, co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Barreiros.

Tras o concerto da cantora galega Su Garribo Pombo o pasado venres na Praza do Concello a modo de antesala das xornadas, a asociación deu a coñecer o programa completo deste encontro, que se reafirma como “un referente para a posta en valor da cultural tradicional galega na Mariña lucense”.

O deputado de Mocidade, Daniel García, encadrou  “o apoio á organización das Xornadas na colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén co tecido asociativo para estender a actividade cultural por todo o territorio” e celebrou “a consolidación destas xornadas sobre a...

leer más
08/05/2025

Barreiros acollerá desde o día 30 de maio ata o 1 de xuño a terceira edición das Xornadas Etnográficas da Mariña, organizadas pola asociación Tecedeira coa colaboración do Concello de Barreiros e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Mocidade.

Na presentación, celebrada no Concello de Barreiros, participaron a alcaldesa, Ana Ermida; o concelleiro de Dinamización e deputado provincial, Dani García, xunto con Xacobo Ares e Sara García, membros da asociación Tecedeira.

“Entre as primeiras confirmacións que podemos adiantar destacan a de Xabier Díaz e a de Lagharteiras. Tamén podemos confirmar o concerto audiovisual Traspielas de Su Garrido Pombo, que servirá como antesala das xornadas e que terá lugar o vindeiro 16 de maio na Praza do Concello con motivo do Día das Letras Galegas, dedicado...

leer más
13/03/2025

A terceira edición das Xornadas Etnográficas da Mariña celebrarase en Barreiros desde o 30 de maio ata o 1 de xuño.

Haberá encontros, monográficos, exposicións, mostra etnográfica, concertos, foliada e moito máis.

Estas xornadas están organizadas por Tecedeira, que é un é un proxecto de investigación, compilación e divulgación das músicas de tradición oral. E conta co apoio da Área de Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

16/06/2022

Ribadeo acollerá os días 25 e 26 de xuño as I Xornadas Etnográficas da Mariña (Música, Baile e Traxe Tradicional Galego) que coorganizan a asociación Tecedeira e a Concellaría de Cultura. O evento foi presentado na Casa do Viejo Pancho por Xacobo Ares e por Pilar Otero. 

A edil ribadense dixo que “cando viñeron presentarnos o proxecto de Tecedeira de levar a cabo as primeiras xornadas etnográficas da Mariña, que teñen como espírito aglutinar a convivencia de todas as agrupacións e asociacións da Mariña, nos dubidamos en apoiar esta idea que nace en Ribadeo e que pretende espallarse por toda a comarca. Sempre tecer fíos e procurar a unión do tecido asociativo parece unha moi boa idea. E se por riba parte de persoas de Ribadeo, como non podía ser doutra maneira, desde o Concello impulsámola dentro das nosas posibilidades”.

... leer más