diabetes
O programa de charlas de saúde Preto de ti, do Concello de Ribadeo, amplía o seu alcance coa incorporación de dúas parroquias máis, Rinlo e A Devesa, achegando á veciñanza información clave sobre a diabetes, o seu control, a prevención e a mellora da calidade de vida.
O Concello de Ribadeo explica que “estas sesións teñen como obxectivo ofrecer ferramentas prácticas e accesibles para que a poboación poida coidar da súa saúde, fomentar hábitos de vida saudables e resolver dúbidas relacionadas cunha enfermidade cada vez máis presente na sociedade”.
A concelleira de Benestar Social, Saúde e Familia, Elena Sierra, anima a toda a poboación a participar nestas charlas e amosa a súa satisfacción pola boa acollida da iniciativa: “estamos moi contentas coa participación da xente. Que a veciñanza se implique, se informe e...
leer másO Concello de Ribadeo retoma as charlas de saúde do programa Preto de Ti, “reafirmando así a súa aposta pola promoción e prevención da saúde entre a poboación. Esta nova edición estará dedicada á prevención, control e mellora da calidade de vida das persoas que conviven coa diabetes, unha enfermidade moi prevalente e que afecta a unha porcentaxe importante da poboación, especialmente a maiores. A través destas sesións, ofrecerase información clara e novos coñecementos para axudar á veciñanza a comprender mellor a diabetes e aprender que, con pequenos coidados diarios, é posible manter unha boa saúde e unha boa calidade de vida”.
As charlas terán lugar nas seguintes datas e horarios: en Vilaselán o 27 de xaneiro ás 18:00 horas; en Ribadeo o día 28 deste mes, tamén ás 18:00 horas; en Arante o 3 de febreiro ás 16:30 horas; en Cedofeita o 5 de...
leer másCáritas organiza unha charla sobre diabetes e hipertensión para este xoves, 16 de maio, en Mondoñedo
O Seminario de Santa Catalina, en Mondoñedo, acollerá este xoves, 16 de maio, ás 17:00 horas unha actividade organizada por Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol: a charla titulada “Falemos de diabetes e hipertensión”.
Na conferencia, a cargo da enfermeira Paloma Rodríguez Oviedo, falarase de prevención, estilo de vida e manexo destas enfermidades.
O salón de conferencias do Concello de Burela acollerá o luns 13 de maio ás 18:00 horas unha actividade organizada por Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol: a charla titulada 'Falemos de diabetes e hipertensión'.
Na conferencia, a cargo da enfermeira Paloma Rodríguez Oviedo, falarase de prevención e manexo destas enfermidades.
Nesta actividade colabora o Concello de Burela.






