Mariña Patrimonio
O colectivo Mariña Patrimonio organiza para o mércores 22 de abril ás 20:00 horas na Sala Multiusos da Casa do Concello de Viveiro a conferencia titulada A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía. A charla correrá a cargo de Rebeca Blanco Rotea e Francisco Alonso Toucido, arqueólogos responsables da escavación realizada en 2021 na Cova de San Xoán Vello, en Covas (Viveiro).
Mariña Patrimonio anuncia que “durante a conferencia daranse a coñecer os resultados da intervención arqueolóxica, así como os principais achados obtidos nos traballos de escavación. A actividade permitirá achegar ao público un mellor coñecemento da historia e do valor patrimonial deste enclave singular do litoral viveirense”.
Con esta iniciativa Mariña Patrimonio quere “contribuír á divulgación do patrimonio cultural...
leer másMariña Patrimonio organiza para este sábado, día 28 de decembro, unha charla impartida polo escritor e experto en tradición oral Xosé Miranda, baixo o título "Os contos eróticos na tradición oral". Durante a sesión o relator explorará diversos aspectos relacionados cos relatos eróticos que forman parte do rico patrimonio oral de Galicia.
A actividade, que forma parte da programación destinada a promover o coñecemento e a preservación do patrimonio cultural inmaterial galego, terá lugar ás 12:00 horas na Sala As Carboeiras, situada no Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos, en Cervo.
A asociación Mariña Patrimonio organiza para o luns 16 de decembro unha conferencia na que o doutor en Xeoloxía Francisco Canosa presentará os resultados dun proxecto de investigación sobre os metais preciosos na minaría antiga da Mariña. A conferencia terá lugar ás 19.00 horas no Salón de Actos do CENIMA (Foz).
O citado proxecto, promovido por Mariña Patrimonio, contou co apoio da área de Cultura da Deputación de Lugo.
A asociación Mariña Patrimonio está a organizar unha visita a Sarria para o domingo 20 de outubro, aproveitando que é día de feira. Pola mañá, visitarán diversos lugares dentro da propia vila de Sarria, acompañados por Xaime Félix López Arias (Arlindo), gran coñecedor da súa historia. A visita da mañá rematará no campo da feira, onde terán reservado un lugar para xantar. Neste caso especial cada quen encargarase de pedir o que desexe para xantar así como de pagar directamente aos do mesón. Pola tarde verán o mosteiro da Magdalena antes de regresar.
O bus sairá da Cruz do Lobo ás 8 horas e recollerá participantes en Foz, Burela, Cervo, Xove e Viveiro, desde onde iremos ata Sarria. O prezo, que incluirá bus e actividade, será de 15 euros para socios/as de Mariña Patrimonio e de 25 euros para o resto de asistentes.
...
leer másA asociación Mariña Patrimonio organiza para este venres, día 2 de agosto, a conferencia titulada "Pardo de Cela e o pazo da Rigueira de Ferrol (Xove)" a cargo do profesor Antón Meilán García. O acto terá lugar no salón de actos do Centro Cívico de Xove a partir das 20:00 horas.
Mariña Patrimonio explica: “Antón Meilán compartirá connosco a súa ampla investigación sobre Pardo de Cela. Ademais de contextualizar historicamente a figura do Mariscal, falará sobre a importancia que tivo o pazo da Rigueira na súa vida para concluír cunha reflexión sobre o personaxe Pardo de Cela como mito na actualidade”.
Mariña Patrimonio está a organizar unha viaxe ao Courel para coñecer parte do seu patrimonio. A actividade, que conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, terá lugar o sábado 25 de maio.
A organización explica que “en xornada de mañá está previsto visitar o Val das Mouras, o Castro da Torre e a aldea de Seceda. Tras unha pausa para xantar en Folgoso, o grupo acercarase a ver Montefurado e o pregamento xeolóxico de Campodola, antes de voltar para á Mariña. Durante toda a xornada o arqueólogo Iván Ávarez Merayo fará de guía nesta visita ao patrimonio do Courel.
As persoas interesadas en participar nesta viaxe poden contactar con Mariña Patrimonio a través do seu correo (mr.patrimonio@gmail.com) para obter a información sobre as...
leer más








