Leti da Taberna
A monologuista Leti da Taberna presentará o seu espectáculo titulado Enredada na Casa da Cultura de Alfoz este sábado, día 11 de outubro, ás 20:30 horas.
“O vindeiro sábado 11 de outubro temos unha cita coa risa da man de Leti da Taberna e o seu monólogo Enredada, un espectáculo cheo de retranca e moi bo rolo. Entrada de balde!”, anuncia o Concello de Alfoz.
Dentro da programación das Letras Galegas organizada polo Concello de Cervo, este sábado, 18 de maio Leti da Taberna ofrecerá o monólogo titulado “Enredada”. Será ás 19:30 horas no auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián.
Leticia Miraz, máis coñecida como Leti da Taberna, é taberneira de nacemento e sociosanitaria de formación. En maio de 2020 comezou a subir contidos a TikTok e actualmente acumula decenas de miles de seguidoras nas redes sociais, converténdose nunha "taberneira virtual". Utiliza a retranca para realizar crítica social dende unha perspectiva feminista e en galego.




