Ribadeo
O Concello de Viveiro, en colaboración coa Xunta de Galicia, prepara para este sábado, 27 de maio, un programa de actividades baixo o lema “Quere o teu mercado”, que se desenvolverán das 10 da mañá ás dúas da tarde. Haberá un taller de cociña creativa con receitas de froitas e unha xincana cos máis pequenos. DJ Karras Martínez porá a nota musical para animar o evento e o grupo de baile moderno Espazo Moderno actuará ás 12 do mediodía.
E en Ribadeo tamén mañá, 27 de maio, ás 12:00 do mediodía na Praza de Abastos terá lugar un concerto a cargo de alumnado de piano da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo.
Esta actuación realízase co gallo do Día do Mercado e dentro da campaña “Quere o teu mercado” co obxectivo de apoiar, promocionar e visibilizar o papel dos mercados nas vilas e cidades.
... leer másAs festas patronais de Ribadeo celebraranse do 6 ao 10 de setembro e retoman este ano ao Cantón, despois de celebrarse durante varios anos no aparcadoiro municipal. A comisión organizadora dos festexos comeza a traballar estes días tentando acadar o apoio económico dos establecementos comerciais e dos particulares. Ao fronte da comisión está Juan José Otero, como presidente, acompañado por Avelino Martínez como tesoureiro, e Inmaculada Fernández como secretaria. O alcalde, Fernando Suárez, e o concelleiro de Cultura, Farruco Graña, acompañáronos na súa presentación pública. A carón deles haberá máis xente, que xeito anónimo lles botará unha man.
O rexedor contou que “desde o Concello tamén estivemos traballando con moita discreción durante todos estes meses no senso de que hai un sentimento popular moi grande para que as festas puideran...
leer másAta o 2 de xuño está aberto o prazo de inscrición nas Actividades de Verán Ribadeo Mozx, que organizan o Concello ribadense e a OMIX para @s nen@s e moz@s. O sorteo das prazas terá lugar o 7 de xuño e o prazo para presentar o xustificante de pago será do 12 ao 19 de xuño. A información e recollida dos impresos debe facerse na OMIX, na Casa da Xuventude, e a inscrición no Concello. En todas as actividades terán preferencia os nenos e nenas empadroados ou escolarizados en Ribadeo.
A oferta do Concello para este verán serán Colonias de verán para os nenos e nenas de infantil do 3 ao 28 de xullo. Haberá xogos, obradoiros, deportes e actividades lúdicas e recreativas e unha festa acuática o 25 de xullo. Haberá tamén estas colonias nas mesmas datas para os nenos e nenas de 1º e 2º curso de primaria e para os rapaces de 3º, 4º, 5º e 6º de...
leer másAcisa está a actualizar o seu mapa de asociados e a renovar as súas marquesiñas publicitarias, o seu rueiro e a súa imaxe, co obxectivo de potenciar as compras no comercio local.
Desde a directiva de Acisa explican que “debido ao número de novas incorporacións que se produciron nos últimos meses, estase a proceder a actualizar os mapas de asociados en todas as nosas marquesiñas, co fin de facilitar a residentes e visitantes información sobre os nosos establecementos, a situalos e a coñecer a todos e cada un dos socios que conforman esta asociación”.
As marquesiñas que se renovan son as situadas na rúa Reinante, na Praza de Abastos, no porto deportivo, no aparcadoiro municipal e no Parque San Francisco, xunto coa traseira do mupi dixital instalado hai pouco tempo na avenida Rosalía de Castro.
... leer másCARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 31 DE MAYO
JUEVES 25
-“Piratas del Caribe” – 20:15 y 23:00 horas
-“Z la ciudad perdida” – 20:15 horas
-“El Círculo” – 23:00 horas
VIERNES 26
-“Piratas del Caribe” – 17:30, 20:15 y 23:00 horas
-“El caso Sloane” – 18:00 y 20:30 horas
-“Déjame salir” – 23:00 horas
SÁBADO 27 Y DOMINGO 28
-“Piratas del Caribe” – 17:30, 20:15 y 23:00 horas
-“El caso Sloane” – 18:00 horas
-“Déjame salir” – 20:30 y 23:00 horas
LUNES 29
-“Piratas del Caribe” – 20:15 y 23:00 horas
-“El caso Sloane” – 23:00 horas
-“Déjame salir” – 20:30 horas
MARTES 30 (DÍA DEL ESPECTADOR)
-“Piratas del Caribe” – 20:15 y 23:00 horas
-“El caso Sloane” – 20:30 horas
-“Déjame salir” – 23:00 horas
MIÉRCOLES 31 (SIN ESPECTÁCULO)
A XII edición do Ribadeo de Tapeo conclúe esta fin de semana. Hoxe a partires das 20:00 horas haberá Cantos de Taberna nalgúns dos establecementos participantes. Mañá, sábado, terá lugar un festival infantil de música no Teatro ás 17:00 horas, e o domingo o grupo Os Minhotos ofrecerá unha sesión vermú na praza de abastos.
A concelleira de Turismo, Ana Martínez, declarou que “xa nos atopamos na recta final do Ribadeo de Tapeo e hoxe poderemos gozar dos esperados e dos exitosos Cantos de Taberna que arrancaron o ano pasado. A partires das oito da tarde poderemos gozar desta segunda edición dos Cantos de Taberna dentro do Ribadeo de Tapeo. Polos diferentes establecementos poderemos seguir os cantos populares de 50 persoas que son os participantes nesta segunda edición”.
A edil dixo que “non soamente imos hoxe...
leer másRibadeo acollerá do 26 ao 30 de xuño o II Campus da Fundación Celta de Vigo, que foi presentado esta tarde no salón de plenos do Concello. No acto participaron o coordinador de Escolas e Convenios da Fundación Celta, Diego García Sarabia, o concelleiro de Deportes, David Rivas, o técnico municipal de Deportes, Iván López, así como Juan Valle e Miguel Peña da SD Ribadeo.
O edil nacionalista dixo que “desde o Concello queremos dar a benvida por segundo ano a este campus da Fundación Celta de Vigo. Sentímonos moi gratificados, despois de ser sede dun evento deste tipo, de que unha entidade como o Celta teña en conta Ribadeo para facer este tipo de actividades. Nosoutros somos un Concello que sempre presumimos de apostar polo deporte base, de que case o 70 por cento de nenas e nenos en idade escolar forman parte dalgunha escola deportiva, de...
leer másCINE RIBADEO CARTELERA HASTA EL 24 DE MAYO
VIERNES 19 Y SÁBADO 20
-“Bebé jefazo” – 18:00 horas
-“El círculo” – 20:30 y 23:00 horas
-“Alien: Covenant” – 23:00 horas
-“Richard, la cigüeña” – 18:00 horas
-“Z la ciudad perdida” – 20:30 horas
DOMINGO 21
-“Bebé jefazo” – 18:00 horas
-“El círculo” – 20:30 horas
-“Alien: Covenant” – 20: 30 y23:00 horas
-“Richard, la cigüeña” – 18:00 horas
-“Z la ciudad perdida” – 23:00 horas
LUNES 22 Y MARTES 23 (DÍA DEL ESPECTADOR)
-“El círculo” – 23:00 horas
-“Alien: Covenant” – 20: 30 y23:00 horas
-“Z la ciudad perdida” – 20:30 horas
MIÉRCOLES 24 (SIN ESPECTÁCULO)
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto das Letras Galegas o día 27 de maio, sábado, ás 20:30 horas no Cine Teatro. O director da formación, David Ballester, salienta que este ano, coincidindo co 25 aniversario da creación da banda, homenaxearán ao seu primeiro director, Hernán Naval.
David Ballester anunciou que “o 27 de maio terá lugar o tradicional concerto das Letras Galegas da Banda Municipal de Música de Ribadeo. Este ano coincide varios días máis tarde do 17 de maio debido a que a algúns dos músicos témolos agora de excursión de final de curso e outros están ocupados cos exames finais. Entón para poder ofrecer un mellor concerto decidimos aprazalo estes dez días”.
O director da Banda Municipal de Música de Ribadeo explicou tamén que “o programa, como todos os anos neste...
leer másLa galería ribadense Terra Branca incorpora creaciones de otro artista de la comarca. En este local se pueden encontrar ahora piezas de Fernando Vilariño Gosende, cantero pontevedrés afincado en Mondoñedo.
El propietario de Terra Branca, José Ramón Leal, señala que “queremos seguir apostando, poco a poco, por los artistas de la comarca. En este caso nos hemos decantado por Fernando Vilariño Gosende, cantero de profesión, natural de Cuntis (Pontevedra) y afincado en Mondoñedo. Tiene su taller en el barrio artesano de Os Muíños, donde elabora piezas de creación propias y de diseño exclusivo”.
Leal explica que “este cantero, que nos ha parecido sorprendente, utiliza para sus trabajos granito, piedra y mármol. La tradición, el arte y la funcionalidad están presentes en todas sus obras. La creatividad es su gran pasión...
leer más