Ribadeo
Xa está todo listo para a celebración da quinta edición das xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, que terán lugar a vindeira fin de semana do 21 ao 23 de outubro. Están organizadas por Acisa e na cita participan 14 locais hostaleiros.
A presidenta de Acisa Ribadeo, Carmen Cruzado, indicou que “desde Acisa decidimos apostar polas xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, que se van celebrar do 21 ao 23 de outubro, como actividade dinamizadora da nosa hostalaría. Con elas queremos render así homenaxe á veciñanza asturiana, que todas as fins de semana do ano se achega ata Ribadeo a tomar os viños, os vermús, a comer, a cear, a pasear ou a mercar no comercio local. A súa presenza é moi importante para nós e por iso volven estas xornadas, que debido á pandemia do covid deixaron de celebrarse”.
O xerente da...
leer másSatisfacción no goberno municipal de Ribadeo pola boa acollida que están a ter as Panchas. Nos primeiros quince días de campaña xa se consumiron o 25% e foi xerado un impacto de negocio de máis de 50.000 euros, segundo os datos que hoxe deu a coñecer o concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso.
O edil ribadense declarou: “realmente desde o Concello de Ribadeo estamos moi satisfeitos pola tan boa acollida das Panchas na súa cuarta edición porque ao remate desta segunda semana xa podemos constatar como aproximadamente o 25% das Panchas están consumidas, xerando un impacto de negocio dun mínimo de 50.000 euros, aínda que realmente o volume de negocio que se consegue crear é superior a esa cifra. Foron efectuadas arredor de 500 operacións e un importe medio de 70 euros por cada compra realizada nos diferentes establecementos...
leer másA Asociación de Profesores de Automoción de Galicia retoma a súa actividade formativa en Ribadeo este sábado, 15 de outubro. Será cun curso sobre a diagnose con osciloscopio.
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, explica que “é un curso que nós deseñamos o ano pasado, a petición de técnicos de empresas. Está dedicado á utilización do osciloscopio como elemento de diagnose nos vehículos; é eminentemente práctico, con 8 horas de duración. Empezará ás dez da mañá e acabará ás oito da tarde e hai 10 prazas”.
Doural subliña que “con isto empezamos as actividades, que continuarán a finais de mes, concretamente o día 29, cando teremos outro curso, neste caso sobre pneumáticos, que tamén é práctico, de 8 horas de duración e temos un número reducido de prazas”.
Desde a Asociación de Profesores de...
leer másNa Aula CeMIT do Concello de Ribadeo impartiranse tres cursos presenciais durante este mes de outubro.
O 17 de outubro de 10:30 a 11:30 terá lugar un curso sobre o DNI electrónico. O 20 de outubro a Ciberseguridade e a protección na internet protagonizarán a xornada de 11 a 13 horas. E o 24 de outubro o curso versará sobre trámites online sen certificado dixital de 10:30 a 11:30 horas.
Estes cursos permitirán acadar conceptos relacionados cos trámites dixitais coas distintas administracións, e tamén aprender a como protexerte na internet e non caer nas trampas.
Os cursos son de balde e para tódolos públicos. As persoas interesadas en asistir poden reservar a súa praza enviando un correo electrónico a cemit.ribadeo@xunta.gal
... leer más
O Concello de Ribadeo, a través da Área de Desenvolvemento Local, colabora na posta en marcha do programa de dixitalización para mulleres Galegas Dixitais.
Está dirixido a mulleres desempregadas ou en situación de mellora de emprego, e ten por obxectivo mellorar as capacidades dixitais das mulleres residentes en zonas rurais, de cara a incrementar o seu nivel de empregabilidade e impulsar o emprendemento, así como reducir a fenda de xénero existente no acceso ao emprego e ás novas tecnoloxías.
O programa ofrece un itinerario formativo deseñado para ir avanzando dende o nivel máis básico ao máis elevado. Está formado polos seguintes bloques, de 40 horas cada un:
-Competencias dixitais básicas
-Competencias dixitais avanzadas
-Competencias dixitais para o emprendemento
A...
leer másA obra 337 km, do autor Manuel Benito e que trata sobre o síndrome de Asperger, estreouse en febreiro deste ano no teatro Quique San Francisco, de Madrid, onde recibiu moi boas críticas. A continuación empezou a xira e o día 15 deste mes, sábado, ás 20:00 horas representarase no auditorio municipal Hernán Naval, de Ribadeo. É unha produción da compañía madrileña La Belloch Teatro, o director é Julio Provencio e os intérpretes son os recoñecidos actores Lidia Navarro, Néstor Goenaga e Clemente García.
Lidia Navarro comezou a súa carreira artística en 1995 e desde entón participou en numerosas representacións teatrais e películas así como en series de televisión tan coñecidas como Farmacia de Guardia, El Comisario, Al salir de clase, Hospital Central, Amar en tiempos revueltos, Cuéntame como pasó, La que se avecina ou El secreto de Puente...
leer másAta o 17 de outubro estará aberto o prazo de inscrición en Ribadeo + Economía Circular, un programa dirixido ao sector turístico da vila coa finalidade de promover a transición circular.
Ribadeo + Economía Circular nace como un programa de difusión, formación, asesoramento e acompañamento de cara a promover e facilitar a transición circular como fonte de vantaxe competitiva para negocios do sector turístico da nosa vila.
Onte tivo lugar o evento de presentación ao que acudiron representantes de negocios locais de hostalería e restauración para profundar no concepto de economía circular da man da Cooperativa Alén, especialistas no deseño e aplicación de medidas circulares.
Acudiu tamén ao encontro Renata Lema, xerente dos aloxamentos turísticos Cabañitas del Bosque, situadas no concello...
leer másO Mercado dos Domingos pecha a temporada de 2022 en Ribadeo o 9 de outubro con diversas actividades.
O Mercado dos Domingos pecha a temporada de 2022 o vindeiro 9 de outubro. Esa xornada haberá un obradoiro de cociña con produtos da horta, tapas nalgún dos locais da contorna da praza de abastos e música. As actividades foron presentadas polo concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso.
O edil ribadense contou que “o mercado dos Domingos de Ribadeo chega ao seu fin de tempada. Este mercado dunha longa traxectoria é xa unha cita obrigada para moitas persoas de Ribadeo e da nosa comarca, que atopan nel produtos ecolóxicos e de proximidade coma queixos, pan, doces, embutidos, cervexa artesanal, setas, zumes, marmeladas e moitos outros produtos de artesáns e variados da nosa zona”.
Vizoso Galdo dixo: “o Mercado dos Domingos pode considerarse como un dos principais escaparates da Mariña de produtos locais...
leer más