Ribadeo
Exposicións, teatro, música ou Cultura nas Parroquias son algunhas das propostas da axenda do Concello de Ribadeo para o último trimestre do ano, que foi presentada por Pilar Otero, concelleira de Cultura. A programación arrinca hoxe no auditorio municipal e segue mañá, domingo, no Campo de San Francisco.
A edil ribadense dixo: “queremos comezar esta presentación da axenda trimestral coas artes plásticas, indicando que temos dúas mostras, unha do pintor Félix Bravo, na sala de exposicións do Campo e a outra de pirogravados, na sala de Turismo, do noso veciño Antonio Martínez”.
Pilar Otero explicou que “hoxe, sábado, comeza unha nova edición do programa Platea, en colaboración do Concello co Ministerio de Cultura. Trátase dun total de cinco espectáculos, repartidos ao longo do trimestre, e contamos que gocen coma...
leer másDende o 1 de outubro en Ribadeo xa se poderá pagar con Panchas, coa a moeda local, coa que será posible mercar e gastar ata o 31 de decembro en máis de 100 establecementos de comercio, hostalaría, algúns servizos e este ano, como novidade, tamén no cine da vila.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, dixo que “ao igual que na campaña anterior, a compra e uso da moeda será totalmente dixital, a través dun moedeiro, o Panchapeto, que se poderá adquirir na páxina web www.pancharibadeo.com, onde tamén se atopa toda a información sobre a campaña, sobre as condicións e sobre os establecementos participantes”.
O edil nacionalista subliñou que “nesta cuarta edición incrementarase o valor do aforro total, que pasa de 70 a 100 euros por persoa. Poderanse ir mercando...
leer másYoutubeiras, proxecto organizado polos servizos de normalización lingüística de doce concellos, das tres universidades galegas e da Deputación da Coruñaco obxectivo de fomentar a creación no Youtube en galego con temáticas e formatos diversos, así como promover e visibilizar os diferentes perfís de persoas xeradoras de contidos na Rede, abre o prazo de inscrición para a sexta edición dos seus premios. As bases que rexen esta nova convocatoria, os seus obxectivos, os datos de participación da última edición e o xurado que decidirá os galardóns en xaneiro foron as novidades que se anunciaron en Pontevedra nunha rolda na que participaron o concelleiro de Normalización Lingüística do Concello Pontevedra, Alberto Oubiña; a concelleira de Cultura de Rois, Victoria Quiroga; o concelleiro de Normalización Lingüística de Moaña, Aldán Santamaría, e a vicerreitora de...
leer másA Área de Desenvolvemento Local de Ribadeo presenta outro dos enfoques do Ribadeo Suma e que leva por nome, Ribadeo + Economía Circular, que é un programa de difusión, formación, asesoramento, acompañamento de cara a promover e facilitar a transición circular como fonte de vantaxe competitiva para negocios do sector turístico.
O programa contará con 3 fases.
O concelleiro Pablo Vizoso explica que “a primeira fase de difusión do programa no que teremos un charla cun negocio que xa está a pór en práctica medidas circulares como é o proxecto Cabañitas del Bosque. Neste encontro aproveitaremos para explicar o programa e as persoas profesionais e especializadas que levarán a cabo o proceso”.
O encontro será o vindeiro 5 de outubro ás 17:30 horas na Casa do Concello e está aberto a todas a...
leer másAcisa prepara unha nova edición das xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, que se celebrarán os días 21, 22 e 23 do vindeiro mes de outubro. Este foi un dos asuntos abordados no encontro mantido pola xunta directiva do colectivo empresarial, que anima á hostalería local a inscribirse e participar nesta cita.
A presidenta de Acisa Ribadeo, Carmen Cruzado, subliñou que “retomamos con esta cita algunhas propostas de anteriores directivas que tiveron unha grande acollida tanto entre os locais hostaleiros como entre a súa clientela. Por este motivo decidimos apostar polas xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, que se van celebrar do 21 ao 23 de outubro. Queremos render así homenaxe á veciñanza asturiana, que todas as fins de semana do ano se achega ata Ribadeo a tomar os viños, os vermús, a comer, a cear, a pasear ou a mercar no...
leer másAcisa colabora co Concello de Ribadeo na cuarta edición da campaña das Panchas, a moeda local ribadense, que arrincará o vindeiro 1 de outubro e se prolongará ata o 31 de decembro. Desde a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos prestarase asesoramento ás empresas, sexan asociadas ou non, e tamén aos clientes dos negocios de Ribadeo.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “o que faremos no noso horario de oficina será resolver esas dúbidas que tanto os negocios coma os seus clientes poden ter á hora de operar coas panchas, de baixar a aplicación correspondente… de luns a venres de 9:30 a 14:30 horas e luns e xoves de 15:30 a 18:30 horas estaremos a disposición dos establecementos participantes e da veciñanza”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, subliñou que “o que todos queremos é...
leer másRibadeo será escenario os días 23 e 24 de setembro do FestivalEo da Alimentación Sustentable, que organiza Eo Alimenta. O evento foi presentado este mediodía.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, sinalou que “en Ribadeo no parque de San Francisco o venres 23 e o sábado 24 de setembro celebraremos a primeira edición do FestivalEo da Alimentación Sustentable, unha mestura de feira de alimentación de produtoras e produtores agroecolóxicos de proximidade, de artesanía, espazos de exposición, de debate e de dar a coñecer proxectos de realidades asociativas e empresariais relacionadas coa produción, coa distribución e co consumo de alimentos. Haberá moita actividade musical e animación durante estes dous días, como se recolle no amplo programa”.
O edil ribadense dixo: “aproveito para agradecer a axuda...
leer másMedio Rural da Deputación de Lugo impulsa o FestivalEo da Alimentación Sustentable, que se celebrará o venres 23 e o sábado 24 en Ribadeo co obxectivo de promocionar e poñer en valor a alimentación e a artesanía de proximidade.
A deputada Mónica Freire explicou que “se trata dunha iniciativa transversal dentro das liñas estratéxicas impulsadas dende a área de Medio Rural da Deputación de Lugo, xa que procura a redución da dependencia de materias primas do exterior dadas as condicións que se están dando tanto dende o punto de vista de cambio climático coma da escaseza nos mercados internacionais”.
“Debemos ser capaces de camiñar cara a soberanía alimentaria, fundamentalmente dende a produción primaria agraria. Actividades tan dinámicas como o propio Festival Eo de Alimentación Sustentable ou proxectos como a...
leer más