Atlántica
Alfoz acollerá os días 4 e 5 de xullo, venres e sábado, dúas funcións do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica, que se celebra en 25 sedes galegas. Son en galego e para público adulto.
Este venres, día 4 de xullo, ás 21:00 horas na Casa da Cultura de Alfoz Dani Blanco & Zé Pomar presentan Contos de revolución. De Brassens a Neira Vilas. “Un espectáculo de narración e música no que unha simple bolboreta pode desencadear unha revolución. Dende a memoria de Neira Vilas ata os ecos de Brassens, viaxaremos por París, Berlín ou Bos Aires nun relato poderoso e emocionante sobre a forza da palabra e a música”, explica o Concello de Alfoz.
E o sábado 5, tamén ás 21:00 horas na Casa da Cultura Carmen Conde trae O que non estaba escrito. “Carmen leva dúas décadas recollendo historias de...
leer másAlfoz acolle dous espectáculos do festival de narración oral Atlántica esta semana, o venres 5 e o sábado 6. Ambos serán no Castelo de Castrodouro ás 21:00 horas con entrada gratuíta.
O venres a compañía en Branca e Negra, formada por Amor Herrera e Cris de Caldas, ofrecerá unha proposta para adultos heteroxénea e composta por elementos da narración oral, do teatro e da música en directo; un espectáculo que lles rende homenaxe ás persoas migrantes, ás de antes e ás de agora. Nesta función levaran ao público de viaxe no espazo e no tempo a través de historias de migracións, sabedoras da importancia de non perder a memoria e da riqueza da diversidade cultural. As dúas pensan que rememorando o pasado, entenderase mellor o presente e respectarase o futuro porque hai historias e contos que teñen billetes de ida e de volta, coma a vida mesma....
leer más