campo a través
San Miguel de Reinante, no municipio de Barreiros, acollerá este venres, día 7 de novembro, unha xornada escolar de campo a través.
Este mércores foi presentada a xornada coa presenza da alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida; do xefe provincial de deportes da Xunta de Galicia, Manolo Cadramón, e de Rubén García, en representación da Agrupación Deportiva da Mariña.
O evento terá lugar en Barreiros como unha xornada promocional de campo a través entre centros educativos de A Mariña, no marco do programa Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar (XOGADE), da Xunta de Galicia, coa colaboración do Concello de Barreiros e o Iberia FC.
O campo de fútbol de As Valgas será o escenario que acollerá ás 1.500 crianzas inscritas procedentes de dezaoito centros educativos da comarca e as probas para as...
leer másEste domingo, día 15 de decembro, Barreiros será o epicentro do deporte coa final do campionato provincial de campo a través para as categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete, anuncia o Concello de Barreiros.
Este evento deportivo terá lugar no campo de fútbol de As Valgas, en San Miguel de Reinante, e dará comezo ás 11:00 horas.
Este domingo, día 24 de novembro, o concello de Barreiros acollerá no campo de fútbol de As Valgas (San Miguel de Reinante) o Campionato Comarcal da Mariña de Campo a Través para as categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete.
A proba está organizada pola Agrupación Deportiva da Mariña no marco do programa Xogade, da Xunta de Galicia, e conta coa colaboración do Concello de Barreiros, Protección Civil de Barreiros, Eroski Barreiros e Iberia Club de Fútbol.





