Festa de Corpus
21/05/2025
A parroquia de San Andrés de Boimente, no concello de Viveiro, celebra a festa na honra a Corpus Christi este sábado, día 24 de maio.
As actividades comezarán ás 13:00 horas con misa solemne, seguida de procesión e sesión vermú coa orquestra Principal, que tamén amenizará a verbena xunto a El Combo Dominicano.
O campo da festa estará cuberto con carpa.
06/05/2025
A parroquia de Vilaboa, no concello da Pontenova, celebrará a festa comida para celebrar o Corpus este sábado, día 10 de maio.
As actividades comezarán con misa ás 13:00 horas. A partir das 15:30 horas terá lugar a comida, para a cal hai que recoller os tickets previamente e o prazo remata este mércores, 7 de maio.
A música correrá a cargo da cantante Verónica Cambón na sesión vermú e pola tarde.